ANABAM: REXISTRAMOS UNHA NOVA ESPECIE PARA O BAIXO MIÑO
Asociación Naturalista "Baixo Miño" / A Guarda
Trátase da "Argiope trifasciata", unha araña da que non tiñamos información da súa presenza nesta bisbarra. O achado produciuse onte nos viveiros Toxal, onde traballa Miguel Fernández Lomba, quen nos enviou un par de fotos da mencionada araña, preguntándonos cal era o seu nome, sendo identificada por Agustín Ferreira, presidente desta asociación. Deste xeito, das catro especies de "Argiope" presentes na Península Ibérica, temos dúas no Baixo Miño, a máis común de todas a Araña avespa ou araña tigre (Argiope bruenniche) á que se suma estoutra. Non podemos descartar, por outra banda, dado que apareceu nun viveiro, que a súa presenza poida deberse a unha introdución accidental a través dos produtos comercializados no mencionado viveiro.
Noso agradecemento a Miguel Fernández Lomba por facernos chegar as fotografías e pórse en contacto con nós, o que nos permitiu rexistrar este interesante dato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario