O Concello mellora a infraestrutura da EEI da Gándara
O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e Isidro Lomba Lorenzo, concelleiro de Infraestruturas; Vías e Obras; Servizo Cidadán; e Personal, diante da Escola de Educación Infantil da Gándara
Foto. C.A.G.
Infogauda / A Guarda
A Escola de Educación Infantil (EEI) da Gándara mellora a súa infraestrutura para unha maior eficiencia enerxética.
Coa subvención outorgada pola Xunta de Galicia, a escola contará con novas ventás e porta, ademais dun revestimento de sistema de illamento térmico polo exterior (SATE) para a fachada. Con estas reformas a EEI da Gándara mellorará a súa eficiencia enerxética e o seu illamento térmico para que o pequeno alumnado goce dunha maior comodidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario