21 de set. de 2024

A GUARDA

Selección de persoal no Concello de A Guarda 

 Pola subvención +Emprega nos Concellos da Deputación de Pontevedra




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda solicitou á Deputación de Pontevedra unha subvención para a contratación baixo a modalidade contrato de traballo formativo para a obtención de práctica profesional que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos medios e superiores, co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción no mercado laboral. ( Bases reguladoras da subvención BOP nº 152 de 6 de agosto de 2024).  

 Os aspirantes deberán estar inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego, así como cumprir os requisitos esixidos para formalización dun contrato formativo, e estar empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra con anterioridade á data de publicación da propia convocatoria no BOPPO.  

 A selección farase mediante a presentación da correspondente oferta de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego do domicilio da entidade beneficiaria.  

Titulacións requiridas:  

– GRADO EN ARQUITECTURA TÉCNICA (Ocupación Arquitecto/a Técnico/a).  

– CICLO SUPERIOR FORMACIÓN PROFESIONAL: GRAO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS. (Ocupación Administrativo).  

 Conservalos, polo menos, ata a data en que se formalice o nomeamento ou a contratación.  

 O proceso de selección consistirá na valoración dos méritos acreditados polas persoas preseleccionadas polo Servizo Público de Emprego recollidos do anexo III (Bases reguladoras da subvención BOP nº 152 de 6 de agosto de 2024).  

 Para máis información dirixirse ao departamento de Emprego do Concello de A Guarda: no correo electrónico emprego@aguarda.es, no teléfono 986 61 00 00 ou na primeira planta do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario