A Carreira pedestre popular Julia Vaquero chega a súa XXII edición
Celebrarase na Gándara (A Guarda), o sábado día 14 de setembro, a partir das 18:00 horas
Infogauda / A Gándara (Salcidos)
A XXII Carreira pedestre popular Julia Vaquero celebrarase o sábado 14 de setembro dentro da programación das Festas das Mercedes.
As carreiras comezarán a partir das 18:00 horas na Gándara, con diferentes categorías, segundo as idades, con distancias adaptadas para as mesmas; e tamén nas modalidades feminina e masculina. Deste xeito, a Asociación Cultural e Veciñal O Percamino - organizadora da Carreira pedestre popular Julia Vaquero, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda - quere dar a oportunidade de participar a todas ás persoas que así o desexen.
Poden inscribirse de xeito gratuíto ata o luns 9 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no correo opercamino@hotmail.com ainda que tamén poderán facelo no mesmo día do evento deportivo, na mesa de secretaría da carreira, entre as 16:30 e as 17:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario