Andainas por Pontevedra
A partir do luns, 2 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para completar as prazas aínda dispoñibles para as dúas andainas de outono
Infogauda / A Guarda
Despois do descanso do verán retómanse as Andainas en Pontevedra, coa saída do sábado 28 setembro polo interior cunha nova ruta do río Xabriña, en Mondariz, e pecharase o 19 outubro co Camiño de Taverneiro, en Pazos de Borbén.
O luns 2 de setembro abre o prazo de inscrición para completar as prazas aínda dispoñibles para estas dúas andainas de outono. O prezo público de cada andaina é de 17€ por persoa.
Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546, aínda que se priorizará a inscrición presencial.
Esta actividade organizase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo. A distancia destas rutas rondan entre os 10 e 15 km polo que as persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar andainas duns 15 km e con certa dificultade polo desnivel.
Lembramos que durante a primavera xa tiveron lugar as dúas primeiras andainas pola provincia de Pontevedra, organizadas pola concellería de Eventos Deportivos de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario