ATLETISMO
ALEJANDRO SANTOS ADROVER E PAULA ROCHA BAUTISTA LOGRARON MEDALLAS DE OURO E PRATA
Nas respectivas probas de 3.000 metros de pista ao aire libre, do Campionato Galego sub16
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
O sábado 6 de xullo, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, de Pontevedra, celebrouse o Campionato Xunta de Galicia sub16 pista ao aire libre, onde Alejandro Santos Adrover e Paula Rocha Bautista, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), que foron os nosos dous únicos atletas participantes, conseguiron medalla autonómica.
Alejandro Santos, que participou na proba de 3.000 metros, parou o crono en 9:03.04, conseguindo dese xeito, a medalla de ouro.
Desexámoslle moita sorte para a súa próxima participación no Campionato de España de pista ao aire libre, que se disputará en Lleida, os días 20 e 21 de xullo.
E tamén en 3.000 metros, na categoría feminina, Paula Rocha, cun tempo de 11:40.94 conseguiu a medalla de prata, e por conseguinte o subcampionato.
Alegrámonos moito polos dous. Moitas felicidades!
Ningún comentario:
Publicar un comentario