7 de nov. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés volve caer a domicilio (23-13) 

• O equipo baixomiñoto viu unha de cal este sábado en Elda ao non poder superar a un anfitrión moito máis potente tanto en ataque como en defensa 

• Nin o ataque con 7 xogadoras e dobre pivote nin os cambios de porteira foron suficientes para frentar a un rival imparable en casa, e capaz de deixar ao Atlético Guardés con só 6 e 7 goles en cada parte, respectivamente 

• Os 5 goles de Rosane Serrano, todos eles desde a liña de sete metros, o único destacable da actuación galega  


María Palomo lanzando a bóla en dirección á porta local, defendida por Goundo Gassama
Foto: Estela Tortosa

Redacción Deportes/Elda

 O Atlético Guardés volve caer fóra de casa. Intentárono todo las de José Ignacio Prades para superar a un Elda Prestigio en horas altas; pero tras só anotar 6 goles no primeiro tempo debido a un marcado desacerto no lanzamento, caeron finalmente por unha ampla renda de 10 goles imposible de remontar (23-13). O equipo baixomiñoto enfrontarase a continuación ao campión de Liga Rocasa Gran Canaria, o vindeiro xoves na Sangriña.  

 O Atlético Guardés saíu con intensidade, aínda que incapaz de igualar ás anfitrioas xa desde o primeiro minuto. Os instantes iniciais custáronlle moito ao escuadro baixomiñota, que concedeu varias oportunidades sinxelas en defensa, mentres empezaba xa a pecar dun desacerto no lanzamento que lastraría todo o seu partido; para rematar os dez primeiros minutos cun 4-1 que xa anunciaba a tónica do encontro (4-1, min. 10).  

 Pasaban as posesións e seguía mostrando unha cara pouco habitual o equipo da Sangriña, soamente similar ao visto tamén a domicilio en Málaga unhas semanas atrás. O marcador baixomiñoto só subía grazas a Rosane Serrano desde os sete metros, artífice dos seus únicos tres tantos cara ao ecuador desta primeira parte (6-3, min. 13). 

 Tras a saída de Serrano, moi apabullada pola defensa rival, por Nerea Gil, pareceu que o Atlético Guardés vía unha oportunidade de desbloqueo. Dúas perdas rivais consecutivas e un roubo de la central navarra daban aire ao visitante, que podía encamiñar a senda cara ao descanso con maior igualdade por fin (6-5, min. 20). 

 Pero os erros sucedéronse e as de Prades seguiron concedendo, especialmente en ataque. Varias xogadoras non conseguían ver a rede de Goundo Gassama a pesar dos múltiples intentos, e un novo 2-0 deixaba KO a un Atlético Guardés que vía ademais entón a indisposición temporal de Ceci Cacheda por un golpe forte no xeonllo (8-5, min. 23). A saída de la lalinense lastrou ao conxunto nos seguintes minutos, chegando a contenda ao descanso cunha de las maiores rendas ata entón (11-6, min. 30). 

 Con todo o Atlético Guardés aínda tiña a oportunidade de responder, e así o demostrou o seu forte inicio de la segunda metade. A continuación foi frenética, con María Cobo xerando ocasións na súa volta ás pistas desde o inicio e con ambos os equipos xogando ao contraataque con rapidez. Ainda así, o desacerto no lanzamento seguía sendo o talón de Aquiles para as baixomiñotas, e pronto o Elda seguiu facéndose grande ante un Florentino Ibáñez eufórico para seguir marcando diferenzas (14-7, min. 37). 

 Un novo tempo morto de Prades buscaba reequilibrar a situación aproveitando unha recuperación de Carme Castro. Redistribuíu esforzos o técnico de Petrer cun ataque a 7 xogadoras, que mantería xa ata o final do partido, e que permitiu a las súas dar sinais de vida para seguir pelexando. 

 Pero a necesaria crecida visitante non chegou e a desvantaxe era xa demasiada como para recuperarse. Aínda que o dobre pivote de Palomo e Solla, rotándose con Cifuentes e Sempere, volveu dar algo de aire aos intentos de ofensiva, Gassama seguía sen conceder e aproveitándose dun Atlético Guardés pouco afinado nas súas aproximacións desde outras posicións. Os extremos concedían moitas oportunidades tanto en ataque como en defensa, e case cada chegada local terminaba en gol. Os minutos pasaban nesta dinámica, e a renda local seguía marcando novos máximos (18-10, min. 44). 

 Non houbo cambios no plan de partido, aínda que Prades volveu intentar cun último tempo morto pouco despois. A desvantaxe guardesa, equipo que de xeito claro non tiña o día en ningún dos seus aspectos, tampouco desde unha portería na que nin Mínguez nin Marín puideron frear a Lucía García nin a Iasmin Albuquerque, pechouse con 10 goles (23-13), o peor resultado da tempada ata o de agora. O Atlético Guardés seguirá traballando para recuperar a súa esencia a domicilio, mentres o vindeiro xoves recibirá ao campión Rocasa Gran Canaria na Sangriña (20.45 h).   

Elda Prestigio (11+14): Lucía García (6), Ane Valero (1), Lora Sarandeva (2), Virginia Robles (p.), Iasmin Albuquerque (5), Rafaela Gonçalves, Goundo Gassama (p.), Malena Valles (2), Alicia Huertas, Emiliana Heilmann, Nahomi Márquez, Anna Ros, Elena Cuadrado (3), Maddi Bengoetxea (3), Claudia Martínez e Paula Lluch (1). 

Balonmán Atlético Guardés (6+7): Sabina Mínguez (p.), África Sempere, Silvia Leiras, Blazka Hauptman, Aintzane García (1), Cecilia Cacheda, María Palomo (2), Rosane Serrano (5), Cristina Cifuentes, Carme Castro (1), Daniela García, Nerea Gil (1), María Cobo, Ania Ramos (1), Noelia Solla (2) e Ana Marín (p.).  

Marcador cada cinco minutos: 2-0, 4-1, 6-3, 6-5, 9-5, 11-6, 14-7, 15-9, 19-10, 21-11, 23-13, 23-13. 

Árbitros: Roland Sánchez e José Manuel Iniesta. Amoestaron con tarxeta amarela a la local Iasmin Albuquerque e excluíron con dous minutos as locais Nahomi Márquez e Elena Cuadrado e a las visitantes María Palomo, Noelia Solla e Nerea Gil.  

Incidencias: Partido de oitava xornada da liga Guerreiras Iberdrola 2026/2027, disputado no pavillón Ciudad de Elda Florentino Ibáñez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario