CONMEMORACIÓN DO SAN BIEITO "DO VRÁN"
O xoves, día 11 de xullo
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A festividade de san Bieito "do vrán", conmemorarase o vindeiro xoves día 11 de xullo, con misas ás 9:00, 10:00 e 11:00 horas, respectivamente, na igrexa adicada a súa advocación, preto da Ribeira.
A misa solemne será ás 12:00 horas, e ao remate da mesma sairá a procesión.
Asemade, ás 19:00 horas, tamén haberá unha celebración eucarística.
Este ano, ademais de incluir á procesión, o párroco de A Guarda, Juan José González Estévez, deu a coñecer a letra do Cántico a san Benito de A Guarda, que dí así:
1. Al pie de tu imagen,
con devoción y gozo,
venimos san Benito
tu gloria a cantar.
GRAN SANTO PROCLAMA,
CELEBRA LA IGLESIA;
Y SANTO REPITE
LA TIERRA Y EL MAR (2)
2. A Guarda celebra
milagros y virtudes,
y tu glorioso lema:
"trabajo y oración".
3. Tu estela luminosa
nos lleve hasta Cristo;
por tu nombre "Benito"
alcancemos bendición.
Ademáis de estar considerado o patriarca do monacato occidental, fundador da Orde Bieita e a vez, padroeiro dos exorcistas; san Bieito conta na nosa localidade con numerosos devotos de toda a comarca do Baixo Miño. Non en van, A Guarda honra a san Bieito en dúas ocasions ó longo do ano. A primeira delas, o 21 de marzo, e coñécese popularmente como a festividade de "san Benitiño do inverno", e a segunda, tén lugar cada 11 de xullo e chámase "san Benitiño do vrán".
En ambas as dúas ocasións, os devotos ofrécenlle ó santo esmolas e exvotos de cera, representando diversos membros humanos, e incruso corpos completos, co fin de obter os numerosos beneficios que segundo a fe popular adoita conceder o popular santo, nado no ano 480 nos Montes Sabinos, preto de Roma.
A san Bieito atribúenselle poderes curativos de diversas enfermidades, especialmente as espullas e males relacionados coa pel. A tradición dí que para elimina-las verrugas hai que ter fe en san Bieito e apricar un pouco de aceite do lampadario do santo que se distribúe entre seus fieis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario