18 de xul. de 2024

A GUARDA

As visitas ao monte Santa Trega modifican os seus horarios durante o mes de xullo  

 



Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que no mes de xullo, as visitas ao castro do monte Santa Trega verán reducidos os seus horarios por indisposición dun dos guías.  

 Polo tanto ata final de mes os horarios serán os seguintes: os martes ás 12:00, 13:00, 18:00 e 19:00; os mércores e venres ás 18:00 e 19:00; e os xoves serán en horario de mañá ás 12:00 e ás 13:00 horas.   

 Durante a fin de semana non haberá visitas, agás o domingo 21 que se realizarán visitas pola tarde ás 18:00 e ás 19:00 horas.   

 O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao Museo Arqueolóxico do monte Santa Trega (MASAT).  

 Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.  

 No mes de setembro regresarán as visitas guiadas regulares aos fins de semana ás 12:00h.  

 Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no teléfono 690 01 70 38 ou un correo electrónico a masat@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario