18 de xul. de 2024

A GUARDA

Aberto prazo de inscrición para o concurso “Non o deixes ao azar” 




Infogauda / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende o día 18 de xullo ata o 9 de agosto, ábrese o prazo de inscricións para o concurso “Non o deixes ao azar”, dirixido á mocidade de entre 18 e 35 anos. 

 O concurso versará en torno a creación de campañas de prevención e redución de riscos asociados co xogo de azar, elaboradas polas persoas participantes. Posteriormente, seleccionarase entre todas as opcións a campaña gañadora. 

 Esta actividade englóbase dentro do proxecto “Non o deixes ao azar”, que ten como obxectivo proporcionar á mocidade a adquisición de coñecementos sobre os posibles perigos e consecuencias que ocasionan os xogos de azar (online e presencial) e distintas habilidades para a vida que permitan xerar cambios nas súas condutas de risco. Esta actividade recibe financiación da Deputación de Pontevedra a través do “Plan + XUVENTUDE”. 

 Para a participación no concurso, será requisito acudir ás sesións de orientación que se desenvolverán previamente, os días 13, 14, 20 e 21 de agosto. En horario de mañá, de 12:00h a 13:30h. Realizarase e escollerase a campaña gañadora o mércores 28 de agosto, durante o mesmo horario. 

 Outorgarase un premio valorado en 250€ ao/á gañador/a, que será investido en calquera dos comercios locais situados na área de acción da entidade (A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño). 

 Para máis información, comprobar as bases do concurso, contactar por vía telefónica ao 986 61 44 07 e 640 086 376 ou por correo electrónico info@erguete.org 

Ningún comentario:

Publicar un comentario