25 de xuño de 2024

VIGO / O MORRAZO

FOLGA INDEFINIDA NO 061 DE VIGO, CANGAS E MOAÑA DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN   

O propietario de Ambulancias do Atlántico non pode asumir as liquidacións dos máis de 100 profesionais do servizo de transporte sanitario urxente, indican dende a representación sindical


Unha das ambulancias do 061 durante a pasada folga
Foto: CIG

Redacción / Vigo / O Morrazo

  Grazas á loita levada a cabo polo persoal do 061, despois de duras mobilizacións e unha folga de por medio, a Consellería de Sanidade viuse obrigada o pasado mes de maio, a lanzar un concurso de emerxencia para retirar o servizo a anterior concesionaria “Ambulancias do Atlántico” e outorgarllo a unha nova empresa “Emersan-Saluser”. Este cambio de empresa concesionaria propiciou unha certa estabilidade na prestación do servizo de urxencias sanitarias despois da desastrosa xestión do empresario Carlos Simón.  

 Malia isto, o persoal sanitario enfrontase agora a un novo problema. A Consellería de Sanidade vén de comunicar nunha reunión mantida onte coa representación sindical de CIG, CCOO e USO que Ambulancias do Atlántico non pode facer fronte ao pago do “finiquito” dos 103 traballadores e tampouco ao abono das débedas por nóminas mal calculadas durante este ano 2024.   

 Se isto non fose suficiente, a empresa actual “Emersan-Saluser” négase a abonar a denominada “paga de regularización de convenio colectivo”, pese a que a compañía recibirá a cantidade íntegra do Sergas este mesmo mes de xuño. Esta paga que se lle debe ao persoal traballador, corresponde á subida de convenio colectivo do período íntegro de 2023 e os tres primeiros meses de 2024, que aínda non foi actualizado, e supón para o persoal traballador unha importante cantidade que a ascende a 1.725 Euros. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario