25 de xuño de 2024

ECONOMÍA

CIG-Industria convoca unha mobilización do sector da automoción

Este mércores, 26 de xuño, ás 11:00 horas, diante do Concello de Vigo (Praza do Rei)


Infogauda / Vigo

 A CIG-Industria convoca unha mobilización do sector da automoción para visibilizar as problemáticas que padece unha industria da que dependen milleiros de postos de traballo no conxunto do país. Na concentración participarán delegados/as da central nos comités de empresa de máis de 20 compañías do sector, que exporán as súas problemáticas concretas.  

 Durante a acción despregaranse máis de 20 faixas alusivas ás empresas e ás súas problemáticas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario