24 de xuño de 2024

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA CONMEMOROU EN IRMANDADE SEU XL ANIVERSARIO


Actuación conxunta da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda e os compoñentes das formacións convidadas
Reportaxe fotográfica: Iria Peniza

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A Agrupación Coral Polifónica de A Guarda vén de poñer broche de ouro á celebración do seu XL aniversario. E como á ocasión ben o merece contou coa participación do Coro Cantábile, Coro da 3ª Idade e Pensionistas de A Guarda, Rondalla Antorcha e a Agrupación Musical de A Guarda.

 A falla dun auditorio municipal cuberto, con aforo suficiente - asignatura pendente dende fai décadas, especialmente desde a demolición do Teatro-Cine Avenida -, o evento celebrouse na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, grazas a colaboración do párroco Juan José González Estévez.


David González Sobrino, director do Coro da 3ª Idade e Pensionistas de A Guarda, nun momento da súa intervención

 Modificando a previsión inicial debido a un motivo transversal, a primeira actuación foi a do Coro da 3ª Idade e Pensionistas de A Guarda, que dirixido por David González Sobrino interpretou: Cantar da emigración (Letra: Rosalía de Castro - Armonización: José Niza); Meus amores, de Manuel Molinos Rivas; A Virxe do Portovello, de Manuel de Dios.


Banda de música da Agrupación Musical de A Guarda

 A continuación, a presentadora Gloria María Rodríguez Pacheco, daría paso a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, que dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, interpretou Pasadobre guardés, de José Luis Lorenzo Rodríguez.


Coro Cantábile


 Despois chegou a turno do Coro Cantábile, que comezou súa actuación, interpretando Nino Bravo en concerto (Arranxos de Manuel Calero García), co acompañamento da banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta. 

 A continuación Jorge Fernández Baz, en nome do Coro Cantábile fixo unha oportuna intervención, na que ademais de agradecer o convite - como tamén o fixeron os demais representantes das entidades participantes -, relembrou as orixes do coro e seu vencello coa Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e tamén evocou aos coralistas que por imperativos da vida xa non están físicamente connosco, entre eles José Luis Lorenzo Rodríguez, cofundador da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e fundador, director e alma máter do Coro Arpegios, que andado o tempo pasaría a denominarse Coro Cantábile. 

 Seguidamente o Coro Cantábile, dirixido por Avelino Ferreira López interpretou A tu lado, de Javier Busto; e Estamos, de Fernando Delgado e Esteban Tozzi.


Rondalla Antorcha

 Logo viría o turno da Rondalla Antorcha, que dirixida por María José Baz Martínez, interpretou Noche de estrellas, de Joaquín Sabina; Toca la gaita (Letra: Estrella Velasco - Armonización: Mª José Baz), e Amor mariñeiro (Letra: Manuel Alegre - Armonización: Xosé Luis Rivas).


Agrupación Coral Polifónica de A Guarda

 Deseguido achegouse ao proscenio a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, que coa dirección de Avelino Ferreira López interpretou ¡Ay linda amiga! (Anónimo s.XVI); Lévame (Popular - Armonización: Joaquín Carbajal); e Señor me cansa la vida (Letra: Antonio Machado - Armonización: José Antonio García).

 Asemade, coa dirección de Mary Silda Sánchez Lomba, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda interpretou Roseiriña (Letra: Demetrio Iglesias - Armonización: Xosé A. Oliveira).

 E finalmente, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, en conxunto coas corais, coa dirección de Víctor Luis Alonso Treinta, interpretaron: Va, pensiero (Nabucco), de Giuseppe Verdi; La del Soto del Parral (Reveriano Soutullo e Juan Vert); e A Guarda (Pasodobre), letra: Chuny Vázquez - Música: José Luis Represas.


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero efectuou a entrega dos agasallos conmemorativos, a cada unha das agrupación participantes




 Ademais de cantarlle - participantes e respectable público - o "Cumpleanos feliz" a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, houbo un momento para unha breve intervención de José María Salcidos González, en nome da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e seguidamente á entrega por parte do alcalde A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, duns agasallos conmemorativos a cada entidade participante, así como un ramo de flores a Mary Silda Sánchez Lomba, que ao longo duns vinte anos asumiu á dirección da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e ainda que deixou o cargo por motivos de saúde, sempre está aí para o que sexa preciso.

 E así, co desexo de que a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda continúe activa ao longo de moitos anos máis, rematou un concerto moi grato, no que por espazo de preto de 120 minutos, coralistas, músicos e público, estiveron en fraternal camaradería transmitíndolle a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda seu aprecio e agarimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario