ATLETISMO
BRONCES AUTONÓMICOS PARA SERGIO SILVA SOUTO E DANIELA ASENSIO LORENZO
No Campionato de Galicia Sub14 de pista ao aire libre
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
O domingo 23 de xuño, as pistas de Gregorío Pérez (Lugo), acolleron o Campionato de Galicia Sub14 de pista ao aire libre. Ata alí desprazáronse 4 atletas da escola da base da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño).
As mellores intervencións deixáronnola, o atleta Sergio Silva Souto, de Taborda (Tomiño), que na xornada da mañá entrou en liña de meta cun tempo de 6´55"78, a dous segundos tan só por detrás da prata, e a cinco segundos do título, logrando facer marca persoal, e co 3º posto dos 2.000 metros lisos.
Xa en xornada de tarde Daniela Asensio Lorenzo, de Tomiño, na proba de 1.000 metros lisos, logrou uns formidables 3´17"25, facendo mellor marca persoal e conseguindo o bronce.
Non menos importantes foron as actuacións de Alba Vasconcellos Rodríguez, de A Guarda, nos 2.000 metros, entrando en meta na posición de 4ª cun fabuloso rexistro de 7´22"09, mellorando tamén a súa respectiva marca, quedándose ás portas do bronce.
E por último, Marco de la Fuente Maculewicz, de Tomiño, cun tempo de 3´46"71, pechou o campionato en 8º posto nos 1.000 metros obstáculos .
Destacar que son atletas noveis na categoría e estes resultados son formidables para o noso club.
Moitas felicidades aos catro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario