A praza de abastos atópase en obras de mellora e embelecemento
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno que preside o alcalde Roberto José Álvarez Carrero vén de facer público que "a praza de abastos da Guarda atópase en traballos de obra para mellorar a súa utilidade e en traballos de embelecemento da mesma.
De conformidade coas modificacións que solicitaron os praceiros, o proxecto xa deu comezo e agárdase poder rematar canto antes para que a vida na praza non sexa interrompida.
A obra, cuxos primeiros resultados xa son visibles, ten como un dos seus obxectivos facilitar e facer máis agradable a vida na praza, converténdose nun lugar de encontro para os veciños".
Ningún comentario:
Publicar un comentario