REMO OLÍMPICO
NIEVES SILVA MARTÍNEZ E XIANA FERNÁNDEZ COVELO, CAMPIOAS DE ESPAÑA
En dobre scull xuvenil feminino
Redacción Deportes
Novo éxito para o deporte galego. Nieves Silva Martínez e Xiana Fernández Covelo, do Club Remo do Miño, de Tui, veñen de proclamarse campioas de España de remo olímpìco, na modalidade de dobre scull xuvenil feminino.
Tras este logro en Sevilla, onde a pasada fin de semana disputouse o Campionato de España por Clubs de Remo Olímpico e Paralímpico; o seu próximo reto é a clasificatoria para a Copa da Xuventude de Račice (República Checa), do 9 ao 11 de agosto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario