A Conta Xeral non minte: Os/as socialistas non deixaron o Concello da Guarda “sen un duro”.
O balance do 2023 foi, segundo a Conta Xeral, positivo en todos os aspectos. Gustaríanos que Carrero e o seu equipo deixaran de intentar esconder a súa incapacidade para xestionar o Concello detrás de bulos.
Grupo municipal do PSdeG-PSOE / A Guarda
O ano pasado, Carrero e o Tenente Alcalde, aseguraban a distintos medios de comunicación que os/as socialistas nos “pulíramos” o diñeiro do Concello e que as arcas municipais estaban “sen un duro”. Mentirosos, ou ignorantes??.
Fai unhas semanas publicouse a Conta Xeral, que é ese documento que elabora unha vez ao ano o Departamento Económico do Concello, e no que queda reflexada a situación económica do Concello.
Documento que demostra que todo o que estes señores dicían non era máis que un bulo. E para desmontalo simplemente imos a dar tres datos significativos que extraemos da Conta Xeral do 2023 do Concello da Guarda:
1. O saldo en bancos do Concello a 31/12/23 era de 3.270.640,30€.
2. O resultado entre ingresos e gastos foi positivo, e dicir houbo máis ingresos que gastos, quedando un resultado orzamentario positivo de 962.012,08€.
3. O Concello conta cun remanente positivo de 1.711.762,20€, que pode ser utilizado para financiar obras e investimentos.
Os/as políticos/as poden dicir o que lles pete, pero os números son os que son!
Na Guarda, a 13 de xuño de 2024
Ningún comentario:
Publicar un comentario