Ornamentos do taller ‘Tecendo A Guarda’ enchen as rúas de cor e temática mariñeira
Infogauda / A Guarda
O obradoiro “Tecendo A Guarda” encherá de cor e adornos mariñeiros durante este verán algunhas rúas e prazas máis concorridas da Guarda.
O taller celébrase no Club de Xubilados e Pensionistas de A Guarda e tivo unhas 15 participantes. O programa ten varios obxectivos: a dinamización do ocio, unha maior socialización das persoas participantes e que estas se sintan partícipes da vida comunitaria.
O proxecto ademais pretende dinamizar a vida na rúa, pois converte as prazas e rúas en lugares máis atractivos e estéticos. Este ano, tiveron en mente o medio ambiente, e utilizaron materiais reciclados, como cartóns de leite ou arames, para elaborar gran parte dos adornos.
Xa se poden ver parte do seu traballo pola praza de Avelino Vicente; en parte de Concepción Arenal ou na praza situada na intersección das rúas Galicia e Vicente Sobrino. Con todo aínda quedan máis adornos que colocar e que contribuirán a embelecer a nosa vila este verán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario