“Taichi ao solpor”: unha forma de relaxarse fronte do mar durante o verán
Comezará o día 9 de xullo e rematará o 27 de agosto
Infogauda / A Guarda
Este verán, a cidadanía poderá participar da práctica do taichi. Unha actividade que axuda a mellorar a concentración, reduce o estrés, mellora o ton muscular e o equilibrio entre outros beneficios.
As sesións terán lugar os martes de 20:00 a 21:00 horas na contorna da Atalaia, é dicir, ao lado do mar e ao aire libre. Comezará o día 9 de xullo e rematará o 27 de agosto, sempre que se conte cun grupo mínimo de participantes.
Para inscribirse e obter máis información será a través do teléfono 686 552 717.
Ningún comentario:
Publicar un comentario