14 de maio de 2024

DEPORTES

 ATLETISMO

Destacados resultados para a escola de atletismo da Sociedade Atlético do Trega, de Tomiño, na pasada fin de semana 

 Paula Rocha Bautista, ouro en Sub-16, e Mara Romeu Vicente, prata en Sub-20, no campionato galego de clubs 2024


No centro do podio da categoría Sub-16, Paula Rocha Bautista, coa equipación do Atletismo Narón

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes 

 Ouro para a tomiñesa Paula Rocha Bautista, en Sub-16, e prata para a guardesa Mara Romeu Vicente, en Sub-20, no campionato galego de clubs 2024 das súas respectivas categorías, en pista ao aire libre. 

 As dúas atletas da Sociedade Atlética do Trega, interviñeron co noso filial Atletismo Narón, conseguindo subirse o máis alto do pódium por equipos. 

 Paula fíxoo o sábado na Coruña, nas pistas de Elviña, axudando ao equipo na proba dos 3.000 metros lisos acabando en 5ª clasificación individual e facendo marca mínima persoal 11´29", sumando 11 puntos para o equipo de 15 en total. 

 E Mara, obtivo a segunda posición da súa serie - 4ª no cómputo das series A e B, na proba dos 400 metros cun rexistro de 1´01"29. Cabe destacar que aínda milita na categoría Sub-18, conseguindo 6 puntos de 9 dispoñibles. 

 Moitas felicidades ao noso equipo filial Atletismo Narón e á nosa escola Trega, como tamén aos adestradores que dirixen a estas atletas, que están baixo ás ordes de Javier Sierpes Silva e Patricia Pereira Guisantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario