PRESENTACIÓN DO LIBRO "FRANCISCO VILLAMIL. HEROE DA GUERRA DE CUBA E XENERAL DA DIVISIÓN DOS MAMBÍS NACIDO EN GALIZA"
• Venres, 3 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Goianés
Ricardo Rodríguez Vicente / Goián
Organizada pola Asociación de Amizade Galego- Cubana Francisco Villamil, o vindeiro venres día 3 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Goianés - Avenida Ordóñez, 54 - Goián -, vai ter lugar á presentación do libro "FRANCISCO VILLAMIL. HEROE DA GUERRA DE CUBA E XENERAL DA DIVISIÓN DOS MAMBÍS NACIDO EN GALIZA", da autoría de Eddy Elpidio Jiménez Pérez (La Habana, 1947), escritor e xornalista. Profesor adxunto da Facultade de Comunicación da Universidade de La Habana. Membro da Unión de Escritores y Artistas de Cuba (UNEAC), así como da Unión de Periodistas de Cuba (UPEC), e da ONG “Asociación Cubana de las Naciones Unidas” (ACNU). Mención única do Premio Casa de las Américas, 1974.
O evento contará coa intervención de Ramón Fernández Leal (Moncho Leal).
Incluído na colección Biblioteca Galego - Cubana Herminio Barreiro, o libro é unha edición conmemorativa do 40º aniversario da Asociación de Amizade Galego- Cubana Francisco Villamil e do 150º aniversario da caída en combate de Francisco Villamil, na defensa da independencia de Cuba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario