8 de abr. de 2026

A GUARDA

O grupo de teatro “O mellor de cada da casa” porá en escea ‘Xaque mate’

A función será o venres, 17 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda, con entrada de balde


Infogauda / A Guarda   

 O grupo de teatro “O mellor de cada da casa” vai presentar o venres, 17 de abril, ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda, a obra de teatro “Xaque mate”. A entrada é de balde e libre, ata completar a cabida.  

 Este grupo de teatro da Asociación de Veciños San Miguel de Viladesuso (Oia) volve á Guarda cunha nova obra. Esta vez, trátase dunha ilustración traxicómica das extravagancias ás que poden entregarse os que sucumben ao virus da política.  

 “A política adoita parecerse a un xogo de xadrez, excluíndo calquera noción de moral. Se un ou outro xoga coas pezas brancas ou negras, sempre se trata de que un bando derrote ao outro para que só quede un rei. Un xogo absurdo, xa que coa derrota do rival tamén remata o partido. E o único futuro posible non pode ser máis que unha posible vinganza. Este é o tema desta mordaz comedia onde o rei e a raíña, e os que planean substituílos, non dubidan en sacrificar peóns para gañar a partida”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario