25 de mar. de 2024

PONTEVEDRA

Luis López téndelle a man da Deputación de Pontevedra á Fundación Galega contra o Narcotráfico 

 Para colaborar na loita contra o narcotráfico na provincia


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial as persoas da xunta directiva da Fundación Galega Contra o Narcotráfico
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial as persoas da xunta directiva da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, coas que mantivo unha reunión de traballo para abordar asuntos de interese mutuo e explorar novas vías de colaboración.  

 Da man do presidente, Manuel Antonio Couceiro; do xerente, Fernando Alonso; e da patroa, Elena Suárez, o mandatario provincial coñeceu as principais liñas de traballo que centran a actividade desta fundación e interesouse pola situación actual das redes de delincuencia organizada ligada ao tráfico de drogas. Do mesmo xeito, Luis López tendeu a man da Deputación para colaborar en todo o que sexa posible coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario