Cúmplense 20 anos traballando polo futuro do Real Mosteiro de Oia
• Con tal motivo publican a V Memoria de Sostibilidade, diferente ás que viñan facendo, onde aparece o balance entre o traballo feito e o traballo por facer co proxecto de futuro.
Sibila / Oia
O Real Mosteiro de Oia celebra 20 anos de traballo cun próximo emocionante proxecto de futuro e así o reflexa na súa V Memoria de Sostibilidade.
Reafirma os seus compromisos económicos, culturais, sociais e medioambientais con transparencia, ao compartir coa sociedade os seus esforzos pola rehabilitación e a promoción dunha intensa actividade cultural do único mosteiro da Orde do Císter xunto ao Océano.
O ano 2023 estivo marcado por unha vibrante dinamización cultural. Un ano cheo de eventos propios e tamén con importantes colaboracións, desde as tradicionais visitas guiadas, Solpores e Conversas, ata eventos como "A Emoción dos Viños", "Sin Sal" ou o festival de música antiga “Un camiño ben temperado”.
Destaca o fito de iniciativas de incursión cultural máis aló dos muros do Mosteiro. Destácase a proxección do documental “Un Mosteiro, un fogar” no MARCO en Vigo, ou o préstamo dun dos grafitos de cando o mosteiro foi cárcere que viaxou a Madrid para ser exposto na exposición “El Tragaluz Democrático”, organizada polo Goberno de España e aloxada na sala a Arquería en “Nuevos Ministerios”.
Como é habitual ano tras ano, levaron a cabo diversas intervencións puntuais en cubertas e muros co fin de asegurar o correcto mantemento e coidado do monumento
Como novidade, a Memoria adica un capítulo ao emocionante proxecto de rehabilitación e restauración, que transformará o Mosteiro nun complexo hostaleiro de referencia, marcando así unha nova era na historia desta construción. Espérase que a Administración permita por fin, iniciar as obras definitivas en breve prazo.
Este ano, conmemórase o vixésimo aniversario da actual propiedade do Mosteiro de Oia coa promesa dun futuro aínda máis brillante e emocionante.
Xoán Martínez, director do Real Mosteiro de Oia: “É emocionante pensar que despois de 20 anos de traballo por e para o Mosteiro, estamos a piques de presenciar o nacemento dunha nova etapa, tras tres séculos dende o último rexurdimento. Estamos moi satisfeitos con todo o traballo reflicto nesta Memoria de Sostibilidade, desexando ter os informes e licencia que nos permitan iniciar de inmediato unhas obras que serán un fito histórico para todos nós.”
Para máis información visita a súa páxina web www.mosteirodeoia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario