10 de mar. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

Novos éxitos para a Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño

OURO PARA JULIA MARTÍNEZ OZORES, NOS 1.000 METROS LISOS, E BRONCE PARA ADELA VASCONCELLOS RODRÍGUEZ, NOS 500 METROS LISOS, NO XVII CAMPIONATO GALEGO SUB-10 PISTA CURTA

Julia Martínez Ozores e Adela Vasconcellos Rodríguez, coas súas respectivas medallas

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

Na pista cuberta, do Pazo de Deportes de Riazor (A Coruña) celebrouse o último campionato de Pista Curta, o cal pechou a tempada.

Destacamos as actuacións das nosas pequenas atletas. A tomiñesa Julia Martínez Ozores, participou na proba dos 1.000 metros lisos, cunha actuación de 10. Liderou a proba de principio a fin, parando o crono cun marcón de 3:43.24, o que lle levou a conseguir a medalla de ouro da categoría Sub-10 feminina, e mellor marca persoal.

A súa compañeira, Adela Vasconcellos Rodríguez, de A Guarda, na proba de 500 metros lisos, na categoría Sub-10 feminino, tamén fixo unha boa actuación, cun tempo de 1:44.63, logrando a medalla de bronce e mellor marca persoal.
Felicidade chicas. Bo traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario