A ASOCIACIÓN NATURALISTA "BAIXO MIÑO" (ANABAM) PUBLICOU NOVOS NÚMEROS DO BOLETÍN "CARRIZAL"
• Correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primeiro de 2024
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
De mans de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente e membro cofundador da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), vimos de recibir os exemplares do boletín "Carrizal", correspondentes aos seis bimestres de 2023 e o primero bimestre de 2024.
Ao tempo que deixamos constancia dese feito, agradecemos públicamente o agasallo do coordinador e editor da publicación, e como en ocasións precedentes, iremos dando conta dunha reseña dos respectivos contidos dos correspondentes números do devandito boletín.
Hoxe comezamos co nº 17 (Época II), correspondente a xaneiro/febreiro de 2023, en cuxa portada figura unha fotografía dun exemplar de Empusa pennata, da autoría de Luís Dorado Senra. A empusa ou mantis pau, é unha especie de insecto mantodeo da familia Empusidae caracterizada polo seu aspecto de pau e a súa inconfundible crista na cabeza.
Nas páxinas interiores, ademais de figurar a composición da xunta directiva de ANABAM; datos de contacto coa asociación; importes das cotas de socios/as, etc., vemos os seguintes traballos:
• Flora dunar das praias o norte portugués, de Damián Balsa Regueiro.
• Censo de anduriña dáurica (Cecrepois daurica), no concello de Tui, de Raquel Alonso Rodríguez e Javier Nieto Iglesias.
• O topónimo "A Sangriña", de José Luis Lomba Alonso.
• Avespas escavadoras na praia de Camposancos, de Paula Varela Cabaleiro e Jacobo A. García Gutiérrez.
• Projecto Borrelho 2022 nas praias do norte de Portugal, de Alba Pereira Méndez.
• Fototrampeo no Baixo Miño, de Pedro Vicente Bautista.
• Apuntes da nosa historia: O Amial do Arâo.
Tamén figura un resumo das actividades realizadas en novembro/decembro de 2022.
Como se indica nesta amena e coidada publicación, impresa en papel reciclado, e que os socios de ANABAM reciben de balde; "Carrizal" conta cunha subvención económica do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario