29 de mar. de 2024

TOMIÑO

XXXVIII CELEBRACIÓN DO LANZO DA CRUZ

 Os días 30 e 31 de marzo; e 1 de abril, en Sobrada - Escampados




Infogauda / Tomiño

 Xa estamos en vésperas do Lanzo da Cruz. Dese xeito, este sábado 30 de marzo, ás 18.30 horas levaráse a cabo a tradicional recollida do augardente e ás 22.30 horas terá lugar a actuación do grupo Leira Rock seguido da sesión DJ con Diego Wass.  

 O domingo 31, ás 09.00 horas Treboeiros da Muimenta realizarán un percorrido pola parroquia. 

 Ás 22.30 horas comezarán as actuacións dos grupos Ritmo e o trío Tic Tac. 

 Ás 24.00 horas poderase degustar a tradicional queimada do Lanzo da Cruz.  

 O luns 1 de abril, ás 12.30 horas oficiarase a misa solemne, dando paso ás 13.00 horas á actuación da Treboada Arroutada.  

 Ás 16.30 horas os presentes sairán cara ao río Miño cos chimpíns adornados, acompañados polas formacións Airiños do Cereixo e Treboada Arroutada. A continuación, levaráse a cabo a bendición da Santa Cruz e a tradicional romaría do Lanzo da Cruz, na que se reunirán os pescadores de ambas as dúas ribeiras do río Miño para pedir que lles permita ter unha boa pesca na tempada fluvial.

 Ás 20.30 horas comezará no torreiro da festa unha chorizada e a actuación do grupo Os da Nogueira.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario