O CONCELLO VAI CONMEMORAR O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
• O sábado día 6 de abril, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público que con motivo do “Día do Libro Infantil e Xuvenil”, o sábado 6 de abril ás 12:00, na Biblioteca Municipal de A Guarda terá lugar un contacontos - Escola de Dragóns, por Donde viven los cuentos - ao que están convidados todas as nenas e nenos que queran achegarse.
Porque ler conta moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario