Máis de 200 alumnos de 4º da ESO asistiron hoxe a unha nova proxección de “O cine nas aulas”
Infogauda / Tui
Un total de 235 alumnos e alumnas de 4º da ESO dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá no Teatro Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, a unha nova proxección de “O cine nas aulas”.
Nesta segunda cita do programa deste curso traballan cunha película onde se fala sobre o fracaso e o éxito, as familias, os logros ou desexos aos que aspiramos, e as drogas. Asistiron así a unha película que presenta unha historia sinxela con personaxes complexos, reais, cribles e entrañables.
Coa iniciativa “O cine nas aulas” abórdanse distintos temas a través do visionado da película. Logo traballan na aula co material complementario elaborado polo Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui. O cine convértese nun recurso de primeira magnitude para abordar de forma transversal distintas temáticas. Dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, consideran que hai múltiples problemas na sociedade actual cuxo abordaxe debe realizarse mediante a posta en marcha de actividades preventivas, sendo a educación o elemento básico. No caso concreto deste programa emprégase o cine, de gran atractivo para a mocidade, para captar a súa atención, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario