1 de feb. de 2024

TUI

Luis López aborda, cos responsables do IKFEM Creativa, a organización dos actos deste festival 

 Que se celebra en Tui no verán e que conta co apoio da Deputación de Pontevedra


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López reuniuse con organizadores do festival IKFEM Creativa
Foto: D.PO.

Infogauda / Tui

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, abordou este xoves, xunto cos organizadores do festival IKFEM Creativa, un espazo xurdido ao abeiro do International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM) que se celebra cada mes de xullo no concello de Tui, os actos desta mostra enogastronómica e de artes creativas das Rías Baixas e do norte de Portugal que conta co apoio do Goberno provincial.  

 O presidente afondou no compromiso da institución provincial co apoio á cultura e aos colectivos culturais da provincia, así como na aposta por tender pontes coas vilas do norte de Portugal para potenciar esa cooperación transfronteiriza que impulsa social e economicamente o sur da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario