O Concello de Oia contratará 7 persoas
• Ao abeiro do Plan +Provincia 2024, da Deputación de Pontevedra
Infogauda / Oia
O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.
Poderán beneficiarse desta iniciativa as persoas desempregadas inscritas na oficina de Emprego de Baiona, que fará a preselección de candidaturas. Posteriormente, o Concello encargarase da selección definitiva.
No seguinte cadro resúmese o número de prazas para cada posto, o perfil solicitado (xunto co código correspondente no que deberán inscribirse na oficina de emprego as persoas interesadas) e máis a duración de cada contrato:
Ningún comentario:
Publicar un comentario