14 de feb. de 2024

A GUARDA

A TOD@S @S VECIÑ@S DA GUARDA 


A Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda xa aglutina a máis de 80 veciñ@s afectad@s

Plataforma de Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda

 Queremos informar a tod@s @s veciñ@s da Guarda da situación na que se encontra a Comunidade de Montes da Guarda a día 14 de febreiro de 2024:  

 Por fin, despois de case 5 anos de proceso xudicial xa temos unha sentencia firme por parte da Audiencia Provincial de Pontevedra na que se nos recoñece, ás 29 persoas demandantes, a nosa condición de comuneir@s de pleno dereito.  

 Esta mesma semana, vimos de enviar unha solicitude urxente á actual Xunta Reitora solicitando a convocatoria dunha Asemblea Xeral Extraordinaria con dous puntos do día: Revocación da actual Xunta Rectora e Elección dunha nova Xunta Rectora.  

 Esta Asemblea, da que vos manteremos informad@s, débese realizar nun prazo máximo de 60 días.  

  Informar unha vez máis a tod@s @s veciñ@s, que os máximos responsables desta Comunidade de Montes, e polo tanto da súa xestión, son: Manuel Castro Vicente “Lolo” (Presidente) e Celso Rodríguez Fariñas (Secretario), actual membro da corporación municipal do Concello da Guarda.  

 Tamén destacar, que o actual alcalde da Guarda, Roberto Carrero, ao igual que o tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez, constan no Rexistro Provincial de montes como comuneiros.  Lembremos que é reponsabilidade de tod@s @s comuneir@s, representados na Asemblea Xeral, a boa marcha da Comunidade de Montes e o cumprimento das súas obrigacións legais (Artigo 50).  

 Sen máis, dende esta Plataforma, que xa aglutina a máis de 80 veciñ@s afectad@s, só esperamos por parte da Comunidade da Guarda, e por parte destes representantes públicos, que se faga cumprir esta sentencia xudicial; convocando esta Asemblea Xeral, na que por fin @s veciñ@s da Guarda, poidamos decidir libremente quen vai xestionar o noso monte, e normalizar o seu funcionamento.   

 O monte é de tod@s. E non pararemos ata que así o sexa.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario