28 de feb. de 2024

O BAIXO MIÑO

PUBLICADA A DECRARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PARQUE EÓLICO TORROÑA I

 No Diario Oficial de Galicia, do 28 de febreiro de 2024


Emprazamento na serra da Groba do parque éolico Torroña I agora desbotado ambientalmente 
Fonte: Google Earth / SOS Groba

Infogauda / O Baixo Miño

 No día de hoxe, mércores 28 de febreiro de 2024, o Diario Oficial de Galicia, DOG número 42, publica o seguinte:

"VI. ANUNCIOS  

A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA  VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA  

 ANUNCIO do 19 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Torroña I, nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra) (expediente 2020/0176).  

 De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19 de febreiro de 2024, do proxecto do parque eólico Torroña I, nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra) promovido por Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U.  

 A dita declaración poderase consultar na ligazón:  https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa) e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Industria e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).  

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2024  

María Sagrario Pérez Castellanos 

Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático".

 Ese é o contido íntegro do anuncio, que coñecimos no día de hoxe, e que lóxicamente supón un motivo de ledicia contida para todos os colectivos integrados na plataforma SOS Groba. Ledicia que non é total, toda vez que existen nese espazo natural, hábitats que o Goberno galego ainda non deu o paso de protexelos por lei. 

 Polo seu impacto ambiental, Torroña I - promovido por Desarrollos Renovables del Norte e que contaría con 22,8 MW repartidos en catro aeroxeradores entre os concellos de Baiona, Oia e Tomiño -,  é o cuarto proxecto tombado nos últimos meses nesta zona. A día de hoxe non quedan - de momento -, máis iniciativas pendentes de tramitar, tras desbotar outros promotores as súas antes mesmo desta fase de avaliación ambiental.

Ningún comentario:

Publicar un comentario