9 de feb. de 2024

DEPORTES

FÚTBOL

Copa Deputación de Pontevedra

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO C. D. CHOCO

• O martes, 13 de febreiro, ás 19:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O vindeiro martes día 13 de febreiro, ás 19:00 horas, no Estadio Municipal A Sangriña disputarase un encontro de fútbol entre o Sporting Guardés e o C.D. Choco, de Redondela.

 O devandito encontro - a partido único -, con entrada gratuíta para todos os públicos, corresponde a Copa Deputación de Pontevedra. Unha formidable oportunidade para que os seareiros do Sporting Guardés, e os afeccionados ao deporte en xeral, acudan ao Estadio Municipal A Sangriña para animar ao equipo do Baixo Miño e gozar cunha tardiña de fútbol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario