9 de feb. de 2024

A GUARDA

O Concello de A Guarda contratará 12 traballadores desempregados  




Infogauda / A Guarda

 Ao abeiro do Plan Máis Provincia, Liña 3: Activación do Emprego, da Deputación de Pontevedra o Concello de A Guarda vai contratar 12 traballadores desempregados como persoal temporal a xornada completa.

Beneficiarios 

 Persoas desempregadas, empadroadas no Concello de A Guarda, e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados en dispoñibles para o emprego. No código CNO que se indica para cada posto.  Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.  

Requisitos académicos 

 Para os postos de peóns limpadores non se precisa titulación. Para o posto de ordenanza precísase como mínimo ter o titulo de graduado en ESO ou equivalente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario