8 de feb. de 2024

A GUARDA

Conta atrás para a programación de Entroido na Guarda, que traslada as actividades á carpa instalada na Alameda  




Infogauda / A Guarda

 Ante a chegada repentina e intensa da choiva, as actividades que estaban previstas realizar en diferentes localizacións e prazas trasládanse á carpa da Alameda. 

 A programación de Entroido na Guarda está articulada fundamentalmente en torno ás actividades infantís e de animación musical, de xeito que entre o sábado e o luns á tarde haberá unha actividade festiva dirixida ás crianzas e familias seguida de animación musical a cargo dunha charanga da nosa contorna e o sábado á noite, Festa DJ a partir das 23.30h., centralizándose toda a actividade na Alameda.  

SABADO 10 




 A programación comezará o sábado á tarde coa realización dunha Festa – Baile que incorpora un pequeno concurso de disfraces, a disputar entre os asistentes. O concurso contempla tres categorías diferentes: ao Mellor disfrace, ao Mellor disfrace en familia e ao Disfrace mais divertido. E para participar só hai que inscribirse ao chegar ao recinto. 

  A continuación, a charanga Os Charamujas percorrerá as rúas da vila levando música, baile e diversión dende a propia Praza do Reló ata a Alameda. Será pola noite, a partir das 23.30h. o momento da Festa DJ na Alameda, a cargo de DJ Christian Pereira. 

DOMINGO 11 




 O domingo instalarase un  pequeno circo para representar o espectáculo  “O Show de Fifo”, que presentará unha proposta participativa na que o paiaso Fifo non sabe se vive nun soño ou se sempre ten sono, e coa axuda dos nenos  a través de xogos, bailes, gags e risas, descubrirá se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar, creando un espectáculo de interacción constante co público moi divertido.   

 Tralo remate do espectáculo a Murgha Airiños do Cereixo animará a festa e o baile na Alameda, e se o tempo o permite percorrerá algunhas rúas.  

LUNS 12 




 O luns de Entroido haberá en cambio unha dobre sesión de actividades, composta por un obradoiro de sombreiros de Entroido, para que os rapaces da Guarda podan facerse un sombreiro similar aos que se levan nalgunhas localidades galegas e a continuación a actuación do famoso Home Orquestra “Cé Orquestra Pantasma” (18:00h).   

 O Entroido non remata aquí, xa que queda aínda o Desfile de Entroido, que este ano cambiou a data e o percorrido, e que esperamos o tempo nos deixe celebrar o venres 16 de febreiro ás 20:00h. entre a Alameda e o porto de A Guarda.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario