BASTARON SETE DÍAS PARA VER O FUTURO
Asocciación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
Máis de 200 metros cúbicos de lodo e area que duraron en canto mareas e chuvias o permitiron. Isto é o que sucede cando se fan obras con cartos que non son de un, que pagamos todos, que atenta contra o que a natureza dita. Unha obra máis que, antes o despois, a natureza se encargará de desfacer, de espallar o lodo. Unha obra que superou a superficie concedida pola administración. Unha administración que, estamos seguros, descoñecía (incomprensible) o que se ía verter (lodo e area) para tratar de minimizar o efecto do río.
Resulta chocante a estas alturas que ningún grupo político local se pronunciase sobre esta aberración ambiental (non nos estraña de dous deles, porque están directamente implicados) pero si dun terceiro. Imos ver o que acontece de aquí a dous ou tres anos. Polo de agora, un terzo do vertido xa o levou a marea, a chuvia, o río.
Ningún comentario:
Publicar un comentario