21 de xan. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

JULIA MARTÍNEZ OZORES, SUBCAMPIOA GALEGA DE CROS, NA CATEGORÍA SUB10


Julia Martínez Ozores - a esq. - no podio coa súa medalla de prata


Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 Na mañá do sábado 20 de xaneiro de 2024, o concello da Rúa, na comarca de Valdeorras, acolleu a celebración do Campionato Xunta de Galicia Sub10, Sub12, Sub14 de campo a través federado, Memorial Alejandro Lorenzo, onde a nosa valente atleta Julia Martínez Ozores, de raíces rosaleira e tomiñesa, fixo unha fantástica actuación, percorrendo os 800 metros aprox. e parando o crono en 3´09. Dese xeito logrou a medalla de prata, que vale o subcampionato galego de cros na categoría Sub10.

 Felicidades!

Ningún comentario:

Publicar un comentario