O Concello publicou as bases para participar no Desfile de Entroido
• Que se realizará o venres 16 de febreiro ás 20h.
Infogauda / A Guarda
Xa están dispoñibles as bases que rexerán a realización do Desfile de Entroido 2024 que se realizará o venres 16 de febreiro ás 20h.
As bases que foron publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica, poden consultarse tamén ao pe da presente noticia.
Aquelas persoas interesadas en participar deberán presentar a documentación requerida nas bases entre os días 1 ao 6 de febreiro e terán ata 3 categorías de participación: Carrozas, comparsas e grupos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario