24 de xan. de 2024

A GUARDA

Martes Saudables: unha iniciativa que xurde dende o Centro de Saúde da Guarda  

 Coa colaboración do Concello e outras entidades, terá lugar no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda

 A iniciativa Martes Saudables xurde dende o Centro de Saúde da Guarda, coa colaboración do Concello, centros deportivos e outras entidades locais para axudar a coidarnos mellor.  

 Sexa cal for a nosa idade e a nosa condición física, sempre haberá algún exercicio, actividade, coidado que nos axude a mellorar. Se alimentámonos ben, facemos algo de exercicio e temos actividades cos demais cunha boa afectividade,..., podemos levar unha vida máis saudable e, por tanto, ser máis felices. Coa idea de consolidar estes hábitos, a iniciativa Martes Saudables propón establecer un espazo de encontro os martes ás 12.30h. no Centro Cultural (entrada pola porta da antiga cafetería) nas que reunirse e suxerir a todas ás persoas interesadas truquiños de alimentación, exercicios fáciles, coñeceremos centros deportivos e outras entidades que realizan actividades ás que sumarnos para relacionarnos con outros e ter una vida mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario