16 de nov. de 2023

DEPORTES

O TRAIL DO TREGA PREPÁRASE PARA CELEBRAR A SÚA DÉCIMA EDICIÓN   

 A proba reunirá esta fin de semana, na Guarda, a máis de 600 corredores 


Persoas participantes na presentación do Trail do Trega
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Na mañá deste xoves, presentouse no Concello de A Guarda o X Trail do Trega, o cual esgotou dorsais e reunirá esta fin de semana a máis de 600 corredores. Nesta décima edición os participantes terán a oportunidade de correr e compartir experiencias xunto a Luis Alberto Hernando, triplo campión do mundo de trail e padriño oficial da proba.   

 Á presentación do evento asistiron o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero: o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; Daniel Benavides, delegado da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra; así como diferentes representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda e de Camposancos, respectivamente; e Serafín Martínez Acevedo, director da carreira.  

 A primeira proba en celebrarse será a andaina, que sairá o sábado 18 ás 16:00 horas desde a Alameda de A Guarda. Tras ela, ás 19:30 horas, na Casa dos Alonso, celebrarase unha charla-coloquio con Luis Alberto Hernando, con entrada libre para todos os interesados. 

 O domingo 19,  ás 10:00 horas será á saída dos participantes no Gran Trail, onde os corredores realizarán dezanove quilómetros por unha das zonas máis espectaculares de Galicia: o Monte Santa Trega. 

 Ás 10:15 horas sairá o Mini Trail, cunha distancia de doce quilómetros. Tras finalizar as probas daranse os premios da Pontevedra Trail, onde os participantes nas tres carreiras que a compoñen, Trail do Aloia, Trail Adventure Muiños do Folón e Trail do Trega, recibirán un agasallo específico, e ademais, entregaranse os podios finais.  

 As inscricións para ambas distancias atópanse esgotadas e a pesar de abrir o martes novas prazas para os últimos afortunados, non duraron nin unha hora. Desde a organización da proba animan a todos os rexistrados a gozar esta fin de semana de trail por unha contorna espectacular, e a celebrar este décimo aniversario da carreira.   

DEPORTES

FÚTBOL

2ª DIVISIÓN GALICIA

O SPORTING GUARDÉS, LÍDER DA CATEGORÍA, RECIBIRÁ AO NIEVES, C. F.

 O domingo, 19 de novembro, ás 16:30 h, no Estadio municipal A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Malia a derrota pola mínima (0-1), fronte ao Vila do Corpus, na xornada 10ª, o Sporting Guardés logrou impoñerse (0-3) na xornada seguinte, no Regatiño, fronte ao Goián, C.F., e así pasar a liderar provisionalmente a táboa clasificatoria, con 23 puntos no seu haber, dous máis que seus rivais máis inmediatos: Erizana C.F. e U.D. Mos, que teñen 21 puntos, respectivamente.

 A próxima xornada será o domingo 19 de novembro, en que ás 16.30 horas, o Sporting Guardés recibirá no Estadio municipal A Sangriña ao Nieves, C.F.

 O equipo visitante, con tan soio 3 puntos, está actualmente na parte baixa da clasificación, como consecuencia de non haber logrado ningunha victoria e haberse anotado únicamente tres empates. Contabiliza tan soio 8 goles a favor e 23 en contra. En base a eses datos, os xogadores do Nieves, C.F. virán ata A Guarda co propósito de tentar sorprender ao equipo locatario. Dese xeito, ao Sporting Guardés correspóndelle o labor de xogar de xeito eficaz para procurar que os puntos en litixio queden ben amarrados na vila do Trega.

 Vai haber, como é previsible, moitos motivos para desfrutar dunha tarde de fútbol na que ainda sendo o Sporting Guardés o favorito, terá que facerse valer porque o Nieves, C.F. necesita imperiosamente a victoria.

A GUARDA

Palestra Turismo  

 Esta sexta feira, 17 de novembro, às 20h, no Centro Cultural da Guarda




Centro Social Fuscalho / A Guarda

 Esta sexta feira, 17 de novembro,  às 20h, o Centro Cultural da Guarda acolherá a palestra "O turismo a debate, umha perspectiva desde Euskal Herria". 

 O donostiarra Eihar Egaña, do coletivo anti-turistificaçom Bizi Lagun Ekin, tratará este tema tam de atualidade como polémico, e do que a nossa vila sabe bem, por acolher cada ano a milheiros de visitantes. 

 O dia anterior também estará em Compostela, onde conhecem bem esta problemática. 

 Assiste e difunde!

CAMINHA

 CINEMA

Boletim da Sessão nº 565 - "Momentos de Glória" de Hugh Hudson (1981) 

Sexta-feira, 17 de novembro às 21:45 no Teatro Valadares

ATENÇÃO: Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “Filme dramático britânico realizado em 1981 por Hugh Hudson, Chariots of Fire foi interpretado por Ben Cross, Ian Charleson, Nigel Havers, Nicholas Farrell, Ian Holm e John Gielgud, entre outros.  

 O argumento foi escrito por Colin Welland. Baseado numa história verídica, este é um filme inspirador que fala sobre o que significa vencer e o que é necessário fazer para atingir esse fim. A história cruza os percursos de dois atletas que competem nos Jogos Olímpicos de Paris em 1924: Eric Liddell (Ian Charleson), um escocês cristão que corre para a glória de Deus; e Harold Abrahams (Ben Cross), um judeu inglês cuja principal motivação é ser aceite sem preconceitos. 

 Ficou particularmente célebre a banda sonora composta por Vangelis. Venceu quatro Óscares – Melhor Filme, Melhor Argumento Original, Melhor Banda Sonora e Melhor Guarda-Roupa -, tendo ainda recebido mais três nomeações: Melhor Realizador, Ator Secundário (Ian Holm) e Montagem.” (adapt.)  https://www.infopedia.pt/apoio/artigos/$momentos-de-gloria  

FICHA TÉCNICA:  

Título original: “Chariots of Fire”, Reino Unido, 1981  

Realização: Hugh Hudson  

Produção: David Puttnam  

Companhias produtoras: Allied Stars Ltd, Enigma Productions  

Argumento: Colin Welland  

Música: Vangelis  

Fotografia: David Watkin  

Montagem: Terry Rawlings  

Duração: 123 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Ben Cross …. Harold Abrahams  

Ian Charleson …. Eric Liddell  

Ian Holm …. Sam Mussabini  

Alice Krige …. Sybil Gordon  

Nicholas Farrell …. Aubrey Montague  

Cheryl Campbell …. Jennie Liddell  

John Gielgud …. Master de Trinity  

Lindsay Anderson …. Master de Caius  

Nigel Havers …. Lord Andrew Lindsay  

Nigel Davenport …. Lord Birkenhead



Programação 

Ciclo Cinema e História 

17 de novembro, “Momentos de Glória”, Hugh Hudson, Reino Unido, 1981, Sessão 565 (M/12)  

24 de novembro, “Munique”, Steven Spielberg, EUA / Canadá / França, 2005, Sessão 566 (M/16)  

30 de novembro (quinta- feira), “Silêncio”, Martin Scorcese, EUA / Reino Unido / Taiwan / Japão / México, 2016, Sessão 567 (M/14)    

Ciclo Cinema Origens Ibéricas  

07 de dezembro (quinta- feira), “The Collection”, Bruno de Almeida, EUA, 2005, Sessão 568 (s/classificação)  

15 de dezembro, “Volta à Terra”, João Pedro Plácido, Portugal / Suíça / França, 2014, Sessão 569 (M/12)  

22 de dezembro, “O Espírito da Colmeia”, Víctor Erice, Espanha, 1973, Sessão 570(s/classificação)  

29 de dezembro, “O Sonho da Luz, o Sol do Marmeleiro”, Víctor Erice, Espanha, 1992, Sessão 571 (M/12)   




O ROSAL

O Rosal avanza na renovación do alumeado público  

 O Concello vén de sacar a contratación por 1,2 millóns a mellora da eficiencia das luminarias, que suporá un aforro enerxético do 72%  

 

O Concello leva tempo traballando na actualización de toda a rede de alumeado público
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O Rosal continúa avanzando na renovación da totalidade das luminarias públicas do municipio. O Concello vén de sacar a licitación por máis de 1,2 millóns de euros os traballos de mellora da eficiencia enerxética e adaptación do alumeado municipal. “Continuamos traballando para investir en necesidades cotiás da nosa veciñanza ao tempo que deseñamos un futuro para O Rosal máis verde e sostible”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.  

 O Concello leva tempo traballando na actualización de toda a rede de alumeado público, un proxecto para o que foi quen de captar case 1,2 millóns de euros de fondos europeos NextGenerationEU ao abeiro do Programa DUS 5000 do Ministerio para a Transición Ecolóxica, destinado a investimentos en proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico. 

 Con estas melloras, o Concello poderá regular intensidades e consumos das luminarias públicas, rematando coa contaminación lumínica e permitindo un aforro enerxético estimado do 72%, “o que suporá un importante descenso na partida que o Concello dedica cada ano á iluminación”. 

 Por outra banda, coas obras de renovación da rede de alumeado acabarase coa obsolescencia da maior parte da iluminación pública, unha instalación municipal con moitos anos de vida que ao longo do ano precisa dun gran número de reparacións. Deste xeito, diminuirase o consumo enerxético anual en polo menos 860.000 kWh/ano e reducirase a emisión de gases de efecto invernadoiro en polo menos 448 tCO2 eq/ano. 

 A licitación contempla a actuación sobre as 2.814 luminarias, das que se substituirán 2.463 por outras de nova tecnoloxía LED que disporán de redución de nivel de iluminación para axustar segundo os diferentes horarios nocturnos e tipos de vías,  implantando a telexestión en todas elas. Nas luminarias que non se substitúan, procederase a cambiar a fonte de alimentación para integralas no novo sistema. Ademais, tamén se axeitarán e renovarán os cadros de mando, entre outras actuacións.  

 As empresas e entidades interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 19 de decembro.  

DEPORTES

FÚTBOL

A UNIÓN DEPORTIVA RIBERA CONMEMOROU O PARTIDO 2001 EN COMPETICIÓN OFICIAL


Ex presidentes e representantes da U.D. Ribera, desde 1950 ata á actualidade
Rosa Antonia Lorenzo Ferreira, sobriña de Luis Ferreira Padín, presidente fundador da U.D. Ribera, recibindo un ramo de flores de mans de Jose, membro da directiva do club


U.D. Ribera / Redacción Deportes / O Rosal

 Desde a Unión Deportiva Ribeira queremos agradecer a asistencia ao evento como conmemoración do partido 2001 do noso club en competición oficial a todos os ex presidentes desde o ano 1950 ata a actualidade:  

 Luis Ferreira Padín, presidente fundador, representado pola súa sobriña Rosa Antonia Lorenzo Ferreira; Francisco Fernández Pitu, representado polo seu neto Mauro Fernández e o seu tataraneto Diego Rodríguez; Valentín Gómez, representado polo seu fillo David Gómez; José María González, representado pola súa filla Isolina González Pereira; Edelmiro González, representado polo seu fillo Carlos González; Ricardo Vicente Trigo, Luis Fernando Alonso, Generoso González, Martín Cerqueira, representado por María Cerqueira; José Luis Lorenzo Alonso, César Paredes, Mariano Martínez, José Manuel Rodríguez, Mary Carmen Alonso, José Manuel Álvarez, Estela Pereira, Eugenio Nicanor e José Carlos Martínez Crespo. 

TUI

Este domingo celebrarase o VIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Pinta Tui” 

 Está organizado por Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais




Infogauda / Tui

 Este domingo, 19 de novembro, dende as 10:00 h, as rúas de Tui acollerán a celebración do VIII Concurso de pintura ao aire libre “Pinta Tui”. A intención é promover e achegar o arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización turística e as actividades do Concello. Está organizado por Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais.  

 Neste certame pode participar calquera persoa interesada inscribíndose ata este sábado, día 18 ás 18.00 h, por correo electrónico en turismo@tui.gal, ou en efectostui@hotmail.com, así como presencialmente na Oficina de Turismo. Establécense tres categorías en función da idade: infantil para menores de 11 anos; xuvenil para persoas de entre 12 e 17 anos; e adulta para maiores de 18 anos.  

 O estilo e a técnica serán libres: óleo, acrílico, acuarela, carboncillo, tintas, ceras, etc. Sobre lenzo ou o soporte máis adecuado para cada técnica. Os/as artistas deberán acudir provistos de todo o material necesario para a execución da súa obra. Previo ao comezo a organización selará os soportes, cun tamaño mínimo de 40 cm e un máximo de 120 cm, na Oficina de Turismo.  

 As obras deberán ser pintadas o propio domingo, reflectindo calquera paisaxe ou motivo relacionado con Tui. Deberán ser entregadas antes das 18.00 h do propio domingo na Casa do Concello de Tui, onde se fará entrega dos premios tras a deliberación do xurado ás 19.00 horas.  

 Todas as obras premiadas e as dos artistas que o desexen exporanse proximamente na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez.  

 Na categoría de maiores de 18 anos, establécense seis premios, que oscilan dende os 800€ formado por 600€ de material de pintura  e 200€ en metálico e unha comida ou cea para dúas persoas na taperia Tapas e Viños, do primeiro premio, e os 100€ en material de pintura e unha comida ou cea para dúas persoas no Restaurante La de José Luis, que corresponden ao sexto premio.  

 Na categoría de entre 12 e 17 anos establécense cinco premios, dende os 300€ en material de pintura e dous menús na Cafetería Santa Columba, para o gañador ou gañadora do primeiro premio, ata os 50€ en material de pintura e unha Tarta San Telmo nº 1 (4 racións) de Pasteleria El Santo, do quinto premio.  

 Finalmente haberá tres premios para os menores de 11 anos de idade e todos os nenos participantes recibirán un agasallo de lambetadas ofrecido por Gominolas Nitos.

OIA

A Xunta de Galicia destinou máis de 28.000 euros á adquisición dun vehículo eléctrico para o servizo de vías, obras e medio ambiente de Oia  

 O delegado territorial visitou o concello con motivo do vehículo financiado pola Xunta a través do Plan de Compensación Ambiental  

 Reguera destacou a importancia da colaboración cos concellos para que poidan prestar servizos de calidade 


Infogauda / Oia

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o concello de Oia, que recibiu unha axuda de máis de 28.000 euros grazas ao Fondo de Compensación Ambiental para a compra de un vehículo.

 Trátase dun vehículo eléctrico con distintivo ambiental de cero emisións que contribuirá a que os responsables do servizo de vías, obras e medio ambiente do municipio poidan cumprir coa súa labor dunha forma máis eficiente, confortable e sustentable.

 Reguera destacou que esta dotación permitirá manter os recursos naturais e as infraestruturas de Oia. Por iso, sinalou a importancia da “colaboración entre a Xunta e os concellos para que poidan prestar servizos de calidade á cidadanía”, como neste caso co obxectivo de garantir a protección ambiental. 

 Esta achega ao concello de Oia foi posible grazas ao Fondo de Compensación Ambiental que desde 2010 permite que os concellos se beneficien das explotacións eólicas instaladas na súa contorna. No marco deste fondo, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

 “Estou seguro de que esta inversión vai permitir aos traballadores do concello de Oia mellorar a súa produtividade e levar a cabo proxectos que antes resultarían moito máis difíciles e custosos”, concluíu o delegado.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Câmara e DRCN definem estratégia imediata e futura para Atalaia    

 

Uma equipa técnica da Direção Regional de Cultura do Norte (DRCN) deslocou-se, esta quarta-feira, a Vila Nova de Cerveira para aferir in loco o estado atual do Fortim da Atalaia

Foto: C.M.V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 Uma equipa técnica da Direção Regional de Cultura do Norte (DRCN) deslocou-se, esta quarta-feira, a Vila Nova de Cerveira para aferir in loco o estado atual do Fortim da Atalaia e delinear, conjuntamente com a Câmara Municipal, as políticas de reabilitação e potenciação necessárias e mais adequadas para este Monumento de Interesse Público.     

 O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, acompanhou a visita técnica, manifestando-se satisfeito com a total abertura e concordância daquela entidade, a quem compete a gestão e supervisão de património classificado, em elaborar um relatório que identifique as necessidades e as potencialidades em prol da preservação e da valorização concertada do Fortim da Atalaia.     

 “Como já referi noutros momentos, a Câmara Municipal tem algumas ações imediatas, como a limpeza de acessos ou a melhoria da sinalética, mas também pretende avançar com o estudo e a elaboração de um projeto a ser submetido a uma possível candidatura comparticipada para uma reabilitação mais abrangente. Contar com o apoio e a disponibilidade da Direção Regional de Cultura do Norte é mais uma etapa fundamental para concretizar as aspirações que temos para potenciar aquele monumento histórico”, afirma Rui Teixeira.     

 De sublinhar que no passado mês de julho, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira formalizou um contrato de comodato com a família detentora do Fortim da Atalaia, salvaguardando a gestão por 30 anos daquele monumento classificado como de interesse público.     

 O Fortim da Atalaia é, desde 2017, Monumento de Interesse Público, classificação atribuída pelo Ministério da Cultura, após um processo que durou quase 40 anos. Datada dos meados do século XVII e de foro privado, a Atalaia é a mais pequena das fortificações que constituíram o conjunto defensivo de Vila Nova de Cerveira, garantindo a sua participação na defesa do Minho durante as Guerras da Restauração. Por estar localizada num ponto elevado - no Alto do Lourido - a Atalaia tinha como grande missão apoiar o Castelo de Cerveira e o Forte de Lovelhe que, pela localização próxima ao rio, eram mais vulneráveis, assim como a missão de vigilância sobre a fronteira, o rio Minho e a estrada de ligação entre Caminha e Valença.   

VIGO

O persoal de amarre e desamarre dos barcos no Porto de Vigo esixe cunha protesta que se cumpra o convenio 

 Desenvolveu unha concentración na Autoridade Portuaria e logrou que o presidente se comprometese a unha xuntanza 


O cadro de persoal de Boteros e Amarradores de Vigo (Botamavi), mobilizouse hoxe para esixir o cumprimento do convenio colectivo por parte da empresa

Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 O cadro de persoal de Boteros e Amarradores de Vigo (Botamavi), que se encarga do amarre e desamarre dos barcos no Porto, mobilizouse hoxe para esixir o cumprimento do convenio colectivo por parte da empresa. Coa protesta que se desenvolveu ás 11:30 horas diante da sede da Autoridade Portuaria (APV) os traballadores/as lograron que presidente do organismo se comprometese a manter unha xuntanza para abordar a situación. 

 Dende a representación sindical, un delegado da CIG, denuncian que a compañía concesionaria do servizo de amarre e desamarre está a incumprir o convenio pactado a finais do pasado mes de xuño tras unha convocatoria de folga que finalmente non se chegou a facer efectiva ao chegar a un acordo coa dirección da empresa.   

 No acordo recollíase un segundo incremento das tarifas que cobra a empresa polo servizo ás embarcacións, que suporía un aumento do plus actividade para os patróns e amarradores da compañía, mais a dirección de Botamavi non levou a cabo esta suba de tarifas (que ten que autorizar a APV) e a conseguinte mellora salarial.   

 A maiores, os traballadores/as queren abordar coa Autoridade Portuaria a necesidade de aumentar o cadro de persoal da empresa, outra das reivindicacións que motivaran a convocatoria de folga. 

 Finalmente, dende a representación sindical adiantan a posibilidade de convocar novas mobilizacións no caso de que a reunión co presidente da APV non se chegue a celebrar ou remate sen acordo.

PONTEVEDRA

O BNG anuncia que non acudirá ao pleno urxente e extraordinario convocado na Deputación para votar unha moción do PP en defensa da Constitución e contra a amnistía   

 Mosquera destaca que os ‘populares’ fan un “uso perverso” da institución para a súa “campaña partidista particular” 


César Mosquera, portavoz do grupo nacionalista na Deputación de Pontevedra
Foto: C.PO.

Infogauda / Pontevedra       

 O grupo do BNG na Deputación non acudirá ao Pleno provincial convocado de maneira extraordinaria e urxente para o vindeiro luns (13 horas) cunha única motivación na orde do día: votar a aprobación da ‘Moción do grupo provincial do Partido Popular en defensa da Constitución Española, a igualdade dos españois e o respecto ao estado de dereito e a democracia’, así como a urxencia da convocatoria. 

 O portavoz do grupo nacionalista, César Mosquera, destaca que o Pleno –cuxa notificación foi recibida hoxe polas deputadas e deputados- unicamente responde aos intereses e á campaña do Partido Popular a nivel estatal para deslexitimar, xunto a VOX, o novo goberno do Estado.  

 Destaca que con este movemento as e os ‘populares’ queren apropiarse politicamente das institucións nas que gobernan. Insiste o portavoz nacionalista en que o PP fai un “uso perverso” da institución provincial “de maneira descarada” ao convocar por un tema alleo á provincia, sendo tamén “perverso” facelo por urxencia e de maneira extraordinaria.  

 Lembra o voceiro do BNG que xa existe un Pleno ordinario convocado para o vindeiro venres 24 no que a moción do PP podería ter cabida perfectamente e ser debatida por todos os grupos sen a necesidade de buscar xiros “efectistas e por conveniencia partidista” para dar máis rebumbio á súa campaña particular de descrédito do novo executivo estatal. 

 Mosquera salienta que a actuación do actual grupo do PP na Deputación “non ten parangón”, polo que o BNG porá de manifesto oficialmente a “máxima e enérxica protesta” pola situación. Confirmou tallante que o BNG non vai seguir o xogo: “O BNG non vai participar nos actos do PP”, subliñou.

A CORUÑA

Sanitarios e sanitarias galegas atenden a 5.000 persoas en Senegal grazas ao proxecto Coruña Cura 

 16 voluntarios e voluntarias da ONG Ecodesarrollo Gaia regresaron a pasada fin de semana, tras dúas semanas brindando atención sanitaria gratuíta á xente sen recursos da localidade senegalesa de Yoff-Tonghor 


Voluntarios e voluntarias da ONG Ecodesarrollo Gaia pasando consulta a persoas nativas da localidade senegalesa de Yoff-Tonghor


Guillermo Fernández-Obanza* / A Coruña

 Un total de 16 voluntarios e voluntarias da ONG Ecodesarrollo Gaia, regresaron o pasado sábado, 11 de novembro, da localidade senegalesa de Yoff-Tonghor, onde estiveron dúas semanas prestando atención médico-farmacéutica a ao redor de 5.000 pacientes que carecen de recursos económicos para acceder á sanidade de Senegal.  

 Trátase do proxecto Coruña Cura, un programa que se integra dentro do plan global de desenvolvemento local sostible da ONG, a través do cal se aborda a faceta hixiénico-sanitaria desta localidade senegalesa e poténciase a cooperación norte-sur. Este ano é o duodécimo que Ecodesarrollo Gaia leva a cabo o proxecto, que se desenvolveu ao longo de dúas semanas entre o 28 de outubro e o 11 de novembro.  

 Dos ao redor de 5.000 pacientes tratados, os problemas máis habituais son lesións dermatolóxicas, feridas e úlceras con mala evolución, parasitos intestinais, sarnas ou tingas. Tamén se realizan controis de enfermidades crónicas á poboación (principalmente hipertensión e diabetes), controis de saúde pediátricos e, en colaboración co centro sanitario local, diagnóstico de desnutrición infantil, así como a proba da malaria e algunhas intervencións de cirurxía menor.  

 Ademais de asistencia médica, os e as cooperantes tamén facilitaron material de enfermería e 500 quilos de medicamentos a esta poboación, entre os que se atopaban analxésicos, antifúngicos, antibióticos, material de curas etc. Ecodesarrollo Gaia conta coa xenerosidade de farmacias e hospitais que doan medicamentos para este proxecto, así como achegas económicas de particulares que facilitan o desenvolvemento do programa. 


O ano pasado, o persoal sanitario do Coruña Cura tomou as medidas deste paciente para poder fabricar unha cadeira a medida en España, que foi entregada nesta viaxe

 Igualmente, nesta expedición, doouse unha cadeira de rodas adaptada para un mozo de 20 anos que, por mor dunha enfermidade na infancia, quedou con dano cerebral como secuela. Isto provocoulle importantes limitacións de movemento e tan só podía saír do seu domicilio en brazos dalgunha persoa. O ano pasado, o persoal sanitario do Coruña Cura tomou as medidas deste paciente para poder fabricar unha cadeira a medida en España, que foi entregada nesta viaxe. 

 Durante a súa estancia en Senegal, os voluntarios e voluntarias tamén realizaron actividades de educación en saúde e promoción da mesma para líderes locais, profesoras e poboación xeral. Nelas, explicáronse temas tan básicos como a importancia da hixiene ou a maneira apropiada de asearse, co fin de evitar infeccións ou feridas que poidan derivar en problemas graves para a saúde. Igualmente, realizáronse visitas domiciliarias a persoas encamadas. 


Membros do equipo desta edición

 O equipo desta edición estivo formado por 16 persoas entre as que se atoparon 12 médicos/as, 2 farmacéuticas e 2 enfermeiras de diversos lugares de Galicia. O grupo completárono 2 persoas de apoio da ONG. 

O proxecto: Coruña Cura 

 Este proxecto realízase para a totalidade da poboación de Yoff e sitúase fisicamente no barrio de pescadores de Tonghor. Alí, Ecodesarrollo Gaia ten unha escola construída pola propia ONG, que leva o nome de Escola Coruña, e que é onde se aloxa o voluntariado galego e onde realiza as súas tarefas de atención médica á poboación local. 

 Antes da viaxe a Senegal, Ecodesarrollo Gaia recompila medicamentos e material médico necesario para tratar aos habitantes de Yoff. Unha vez alí, os sanitarios e sanitarias atenden ininterrompidamente desde as 9h ata aproximadamente as 16h a todos as as persoas que se achegan ata a escola, a gran maioría deles nenos e nenas. En total, ao longo das súas 20 edicións, o proxecto Coruña Cura facilitou atención médica e farmacolóxica a máis de 25.000 persoas. 

A ONG: Ecodesarrollo Gaia 

 Ecodesarrollo Gaia é unha organización sen ánimo de lucro para o desenvolvemento sostible nada en 1992, e que debe o seu nome á acepción da palabra grega “Nai Terra”. Esta ONG eríxese como organización ponte entre dous grupos humanos: a cidadanía inmigrante e a poboación de acollida.  

 Neste marco, Ecodesarrollo Gaia axuda á xente inmigrante durante o seu proceso de integración na nova contorna, tendo como obxectivos a paz social para a cidade, a realización satisfactoria dos proxectos migratorios e a conciliación positiva entre os intereses da cidadanía inmigrante e a cidadanía autóctona. Trátase dunha ONG de codesarrollo e cooperación internacional integrada maioritariamente por voluntarios e cuxos servizos son gratuítos na súa totalidade.

Coordinador de la ONG Ecodesarrollo Gaia

CULTURA

Os Bolechas presentan o seu novo libro sobre as “Familias Monoparentais”  

Esta nova lectura da familia pretende educar na corresponsabilidade a través da igualdade, conciliación e o desenvolvemento familiar.  

Ao acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a presidenta da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia, Inmaculada Alonso.  


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, con Inmaculada Alonso, presidenta da asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS),  na presentación do libro  “Familias Monoparentais” 
 

Rebeca Santomé / Santiago de Compostela 

 “Familias Monoparentais” é o novo libro guía presentado esta mañá no colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. No acto de presentación estiveron tamén a presidenta da asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS), Inmaculada Alonso; ademais dos Bolechas corpóreos que xogaron coa cativada.  

 “Estamos moi contentas de presentar este libro que nos axudará a dar visibilidade ao noso modelo de familia, e a reivindicar equidade ante a sociedade e as institucións para transformalas, por iso é importante fomentar estes valores entre os nenos e as nenas, co fin de educalos na diversidade e na corresponsabilidade, non só dentro da familia, senón tamén na corresponsabilidade social”, sinalou durante o acto de presentación Inmaculada Alonso, presidenta da asociación FAGAMOS.    

 Nesta nova guía, Os Bolechas buscan apoiar e representar a través destes divertidos debuxos ás familias galegas nas que a responsabilidade da crianza recae integramente nunha soa persoa. A obra ten un carácter divulgativo e pedagóxico, pois pretende educar na diversidade familiar á cativada galega e fomentar a inclusión e os valores que sempre manifestan nas súas aventuras e outros como son a corresponsabilidade, a través da igualdade, o desenvolvemento familiar e a conciliación.   

 “Con este tipo de actuacións contribuímos a mellorar o posicionamento social dun colectivo de persoas que non deixa de medrar día a día e que grazas a FAGAMOS xa conta cun espazo propio a nivel autonómico en Galicia, ao mesmo tempo que contribuímos a visibilizar no ámbito familiar o noso idioma, o galego, algo que Os Bolechas levan facendo durante moitos anos”, afirmou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.  

 Dende a asociación, fixeron fincapé na necesidade de implicación de toda a sociedade “pois só desde a colaboración e a corresponsabilidade poden desaparecer as situacións de exclusión, vulnerabilidade, precariedade e mesmo pobreza que sofren moitas das nosas familias, que no 80% dos casos están encabezadas por mulleres; e ese o cambio que necesitamos para mellorar a vida das nais e dos seus fillos e fillas”, apuntou a presidenta da asociación, Inmaculada Alonso.  

A asociación FAGAMOS 

 A Asociación de Familias Monomarentais de Galicia xorde no 2021 como unha entidade sen ánimo de lucro que apoia o recoñecemento da plena igualdade do modelo de familia  monoparental, é dicir, aquelas familias nas que os pais e nais crían sos aos seus fillos e fillas sen axuda e sen compartir esa responsabilidade con ninguén máis. A asociación acolle a todo tipo de familias monoparentais, tanto as que se conformaron así por decisión propia como nas que en orixe non o eran e, por algunha circunstancia, se atopan en situación de monoparentalidade con independencia do xénero da persoa proxenitora.  

Os Bolechas para aprender e divertirse  

 Desde que comezaron a publicarse no ano 2000 Os Bolechas convertéronse nun auténtico fenómeno. Con máis de 650 títulos publicados e máis de 2.000.000 exemplares distribuídos, teñen unha verdadeira lexión de seguidores entre os máis pequenos, que seguen con paixón as súas aventuras, ben sexa a través dos seus libros, da televisión, nas propostas escénicas ou nas saídas á rúa.  

 Este seguimento masivo e continuo durante máis de 22 anos permitiu a toda unha xeración de galegas e galegos achegarse á cultura e á literatura en lingua galega desde os primeiros anos de vida –posto que os Bolechas usan sempre o galego na súa versión orixinal–, o que supuxo un importante papel na promoción e difusión do idioma. Tanto é así que moitos nenos teñen na casa –e sobre todo no colexio– o seu primeiro e máis intenso contacto co galego a través das súas aventuras, todas elas cun destacado contido didáctico e pedagóxico, que contribúe á formación dos escolares de educación infantil e de primaria de Galicia mediante o pracer e o divertimento.      

ARCOS DE VALDEVEZ

Livro de poesia “Paleta de Sonhos” de Adriana Figueiredo, apresentado na Biblioteca Municipal  


Adriana Figueiredo na apresentação do seu primeiro livro: “Paleta de Sonhos”
Foto: C.M. A. de V.


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Decorreu, no passado dia 11 de novembro na Biblioteca Municipal Tomaz de Figueiredo, a sessão de apresentação do primeiro livro - “Paleta de Sonhos” -da autora Adriana Figueiredo. 

 O livro, constitui uma seleção de poemas que a autora tem escrito ao longo dos anos, e com especial incidência nos anos da pandemia.   

 Na sessão estiveram presentes em representação da autarquia, Nuno Soares, Chefe de Divisão de Desenvolvimento Sociocultural e três amigos de longa data da autora, os docentes Gabriela Menezes, Lúcia Ribeiro e Renato Ferreira. A este último coube a responsabilidade de apresentar a autora e o livro, escrutinando nos poemas contidos no livro as mensagens profundas que perduram para lá de uma primeira leitura: “a mensagem que está em cada poema vai além do que à primeira vista nos é apresentado, pela sua extrema sensibilidade e ternura”.  

 A autora consegue prender o leitor através das viagens que pinta com tonalidades diversas que fazem deste, um livro perfeito para conhecer o seu mundo interior. 

 Adriana Figueiredo é natural de Peso da Régua, cresceu na cidade da Maia onde viveu até iniciar o percurso profissional. Tendo como Formação o Curso de Pintura pela Escola de Artes Decorativas Soares dos Reis do Porto, e frequência de Mestrado em Educação Artística da Escola Superior de Educação de Viana do Castelo, dedicou a vida ao ensino sendo Professora de Educação Visual em várias Escolas. 

 No entanto sempre teve como duas grandes paixões a pintura e a escrita em forma de poesia. Embora o seu percurso profissional fosse dedicado ao ensino, que abraçou com entusiasmo, sempre usou a escrita como forma de refúgio para guardar todas as emoções (e batalhas) que a vida se lhe foi deparando. 

ARCOS DE VALDEVEZ

O MUNDO MARAVILHOSO DOS COGUMELOS   

• Primeiras Jornadas Científicas  




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Arcos de Valdevez recebe, no próximo dia 9 de dezembro, O MUNDO MARAVILHOSO DOS COGUMELOS - Primeiras Jornadas Científicas.  

 A assinalar a data de nascimento do Padre Himalaya, o Centro Ciência Viva dos Arcos - Oficinas de Criatividade Himalaya e o Município de Arcos de Valdevez organizam uma Jornada científica que tem como parceiros a Associação Cultural Recreativa e Desportiva de Miranda, o Agrupamento de Escolas de Valdevez e o Norte Negócios. 

 Esta primeira edição, realizada durante o final do outono e o início do inverno, foi pensada para dar a conhecer aos participantes uma perspetiva sobre as espécies de fungos que ocorrem nesta altura do ano, num local de extrema beleza que é a floresta encantada da Miranda, em Arcos de Valdevez. O programa segue anexo. 

 𝐎 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞́ 𝐝𝐞 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜̧𝐚̃𝐨 𝐨𝐛𝐫𝐢𝐠𝐚𝐭𝐨́𝐫𝐢𝐚 𝐞 𝐜𝐨𝐦 𝐯𝐚𝐠𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐦𝐢𝐭𝐚𝐝𝐚𝐬, 𝐬𝐞𝐧𝐝𝐨 𝐧𝐞𝐜𝐞𝐬𝐬𝐚́𝐫𝐢𝐚 𝐮𝐦𝐚 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜̧𝐚̃𝐨 𝐩𝐨𝐫 𝐜𝐚𝐝𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐧𝐭𝐞. 

 Link para inscrição: https://forms.gle/Ccmp5jd2zdaxW1j97 

OIA

O Concello de Oia, satisfeito coa avaliación ambiental desfavorable do parque eólico Toroña   


O proxecto de parque eólico Toroña acadou á declaración de impacto ambiental desfavorable
Imaxe: Bruno Centelles
  

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia amosa a súa satisfacción pola declaración de impacto ambiental desfavorable para o proxecto de parque eólico Toroña que vén de publicar o DOG. Nese sentido, lembra que foi unha das entidades que presentou alegacións en contra de esta iniciativa.  

 O proxecto de parque eólico Toroña prevé a construción de 10 aeroxeradores cunha potencia total de 47MW e tería afección nos concellos de Oia, Baiona, Tomiño e O Rosal. Durante o procedemento de información pública, aberto en decembro de 2022, o Concello foi unha das entidades que alegou en contra, ao detectar incompatibilidade cos valores ambientais, paisaxísticos, patrimoniais e turísticos presentes na área de afección, así como falla de licencia social.  

 Ao longo de toda a fase de información pública, a Xunta recibiu un total de 1.282 alegacións, das cales 1.255 foron de particulares, 24 de entidades e asociacións e 3 de concellos afectados.  

 Meses despois deses rexeitamentos ao proxecto eólico, o DOG publica hoxe o anuncio polo que fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, sostibilidade e Cambio Climático da Xunta. O documento afirma que “a actuación proxectada non é ambientalmente viable, polo que se propón formular unha declaración de impacto desfavorable”.

 Nesta mesma liña, o Concello tamén quere lembrar que outros proxectos eólicos contra os que presentou alegacións, como o caso dos parques do Merendón e Albariño I (actualmente parados) tamén obtiveron no seu día declaracións de impacto ambiental desfavorables.  

Informes desfavorables  

 A declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Toroña fai unha análise técnica do expediente de avaliación ambiental do parque. Logo de finalizar o estudo, a resolución ambiental ten en conta unha serie de cuestións sinaladas nos distintos informes elaborados por diversos departamentos, entidades e institucións.  

 Concretamente, a declaración fai a súa proposta e resolución “á vista do que se desprende dos informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación aos bens patrimoniais que se verán afectados pola infraestrutura do parque eólico, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural en canto aos impactos acusados do proxecto sobre a conservación dos hábitats das especies de aves rapaces existentes no entorno e o efecto de tipo de baleiro e/ou barreira sobre esta avifauna, da Dirección Xeral de Saúde Pública en relación aos efectos do ruído e parpadeo de sombras sobre a saúde das persoas, e do Instituto de Estudos sobre o Territorio en canto o impacto visual dos aeroxeradores na paisaxe”.  

 A declaración de impacto ambiental anunciada no DOG de hoxe está accesible para a súa consulta na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

CódigoNome do ProxectoPromotorConcelloEstado do proxectoData de Resolución
2021/0058Parque eólico ToroñaLAN2030 Toroña, S.L.Baiona; Oia; TomiñoDeclaración de Impacto ou Efectos Ambientais/Dictame02-11-2023