FÚTBOL
2ª DIVISIÓN GALICIA
O SPORTING GUARDÉS, LÍDER DA CATEGORÍA, RECIBIRÁ AO NIEVES, C. F.
• O domingo, 19 de novembro, ás 16:30 h, no Estadio municipal A Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Malia a derrota pola mínima (0-1), fronte ao Vila do Corpus, na xornada 10ª, o Sporting Guardés logrou impoñerse (0-3) na xornada seguinte, no Regatiño, fronte ao Goián, C.F., e así pasar a liderar provisionalmente a táboa clasificatoria, con 23 puntos no seu haber, dous máis que seus rivais máis inmediatos: Erizana C.F. e U.D. Mos, que teñen 21 puntos, respectivamente.
A próxima xornada será o domingo 19 de novembro, en que ás 16.30 horas, o Sporting Guardés recibirá no Estadio municipal A Sangriña ao Nieves, C.F.
O equipo visitante, con tan soio 3 puntos, está actualmente na parte baixa da clasificación, como consecuencia de non haber logrado ningunha victoria e haberse anotado únicamente tres empates. Contabiliza tan soio 8 goles a favor e 23 en contra. En base a eses datos, os xogadores do Nieves, C.F. virán ata A Guarda co propósito de tentar sorprender ao equipo locatario. Dese xeito, ao Sporting Guardés correspóndelle o labor de xogar de xeito eficaz para procurar que os puntos en litixio queden ben amarrados na vila do Trega.
Vai haber, como é previsible, moitos motivos para desfrutar dunha tarde de fútbol na que ainda sendo o Sporting Guardés o favorito, terá que facerse valer porque o Nieves, C.F. necesita imperiosamente a victoria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario