20 de maio de 2026

A GUARDA

O Concello da Guarda acollerá  a presentación do libro “Arredor do Ferruxo”  

Será este venres, 22 de maio, ás 20:00 horas, no salón de plenos, da Casa do Concello




Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda 

 O salón de plenos do Concello da Guarda acollerá este venres, 22 de maio, ás 20:00 horas, a presentación do libro Arredor do Ferruxo, unha publicación auspiciada pola asociación Levada Libre e centrada na figura de Manuel Vázquez de la Cruz e na memoria histórica.

 No acto participarán o propio “O Ferruxo”, xunto con Fernando Salgado Varela e María Begoña Vicente Sobrino, nun encontro aberto á cidadanía e ás persoas interesadas na cultura e na memoria colectiva da comarca.  A publicación reúne textos e colaboracións promovidas por Manuel Vázquez de la Cruz e Fernando Salgado Varela, que decidiron ofrecerlles espazo no libro a varias persoas amigas, conformando así unha obra coral arredor da experiencia vital, humana e cultural de “O Ferruxo”.  

 Nesta edición participan tamén Raquel Páramos Escapa, Eva Páramos Viñas, Ángeles Comesaña, Xoa Francés Valverde, Anan Abdalah, Paula Álvarez Silva, Fátima R. Sío, Manuela Gabaldón, Basilio Barrocas, María Belén Viera Martínez-Estéllez, Nuna Vasconcelos, Juan Conde Gouzón, Kelson Lima de Boa Esperança, Olinda Fernandes, Natalia Lago Bravo, Silvia Liliana Soutelo Lameiro, Rafael [Sánchez] Bargiela, Enrique Cabaleiro González, Loli Castiñeira Alén, Calros Solla, Héitor Picallo Fontes, Loli Quinteiro, Manuel Fortes Besada, Paula Cascallar Latorre e Augusto Metztli.  

 A presentación pretende converterse nun espazo de encontro arredor da literatura, da amizade e da memoria compartida, poñendo en valor tanto a figura de “O Ferruxo” como o carácter colectivo dunha obra construída desde a proximidade e os afectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario