14 de dec. de 2023

TOMIÑO

TOMIÑO EN PÉ DE GUERRA CONTRA A PRECARIEDADE E DESMANTELAMENTO DA SANIDADE PÚBLICA 

Este xoves, 14, ás 11.00 da mañá, tivo lugar unha concentración veciñal diante do Centro de Saúde   

Tomiño, un só médico para 14.000 habitantes, isto non pode continuar así 


Concentración veciñal desta mañá, diante do Centro de Saúde de Tomiño

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño

 Hoxe a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, acompañada de moitas/os veciñas/os, concentráronse diante do Centro de Saúde. Queremos agradecer aos que vos achegástedes, pese a ser convocados con tan pouca antelación. Esta concrentación vén motivada pola terrible realidade que está a padecer a nosa Sanidade Pública e que onte mesmo coñecemos: Tan só un médico para todo Tomiño no día de hoxe.   Esta situación   fai que estean bloqueadas as citas médicas para o que queda de decembro e tamén para xaneiro. Isto provoca que a atención sanitaria só se produce por Urxencias. Ante a falta de facultativos, as/os pacientes optan por acudir as Urxencias do PAC de Tui ou o propio Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo .  

 A gran acollida pon de manifesto que a veciñanza vai moi farta e moi preocupada ante o desmantelamento  do noso Centro de Saúde.  

 Gardouse un minuto de silencio ante o agotamento e agonío que está a sufrir a Sanidade Pública.   

 O mesmo tempo convocouse de novo para unha concentración masiva e reivindicativa este domingo 17 de decembro, ás 11.30h, na praza do Seixo.  

 Rogamos que se corra voz e que quede ben claro que as veciñas e veciños de Tomiño, non imos quedar cruzados de brazos ante esta insostible situación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario