20 de out. de 2023

TUI

Tui contará cun novo obradoiro de emprego coas especialidades de Forestal e Madeira  

 As persoas que desexen participar no mesmo como alumnado-traballador deben inscribirse na especialidade na que estean interesadas na Oficina de Emprego




Infogauda / Tui

 En breve comezará en Tui o obradoiro dual de emprego “Senda río Miño: Areeiros-Penedo” que vén de ser concedido pola Xunta de Galicia. Contará con dúas especialidades Forestal e Madeira, que contarán con 10 alumnos ou alumnas cada unha delas. Terá unha duración dun ano.  

 As persoas que desexen participar no mesmo como alumnado-traballador deben inscribirse na especialidade na que estean interesadas na Oficina de Emprego.  

 A continuación figuran os requisitos de cada especialidade:  

• Especialidade Forestal (AGAR0309/AGAR0208): Certificado de profesionalidade de Nivel 1-Para a inscrición neste certificado é imprescindible posuír estudios primarios. Participarán 10 alumnos/as. Especialidade 

• Madeira (MAMD0209/ MAMB0210): Certificado de profesionalidade de Nivel 2-Para a inscrición neste certificado é imprescindible posuír a ESO ou FP de primeiro grao. Participarán 10 alumnos/as.    

 Os Obradoiros de emprego son programas mixtos destinados a mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego coa práctica laboral (traballo en obra real). Desde o inicio da participación no Obradoiro dual, o alumnado traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia pola que recibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional de 2 pagas extras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario