18 de out. de 2023

O ROSAL

As 40 voces de Mistura Vocal, en concerto este domingo 22 no Rosal  

 Será ás 19.00 horas no Auditorio do Rosal con entrada de balde  


Mistura Vocal, un coro formado por 40 voces da zona de Baixo Miño, Condado e Vigo e dirixido por Aloia Martínez

Foto: C.O.R.
 

Infogauda / O Rosal

 A música encherá O Rosal esta fin de semana. O domingo 22 de outubro, ás 19.00 horas, o auditorio municipal acollerá o concerto de Mistura Vocal, un coro formado por 40 voces da zona de Baixo Miño, Condado e Vigo e dirixido por Aloia Martínez, que farán as delicias do público rosaleiro co seu variado repertorio. A cita será con entrada de balde. 

 Sobre o escenario desenvolverán a súa característica elegancia musical, a súa serenidade estética, a súa sensibilidade e unhas dotes artísticas que confiren a este colectivo semi ou profesional un nivel envexable que conquista a todas e todos os oíntes. 




 Na súa curta vida contan cunha exitosa traxectoria con múltiples e prestixiosos premios, galardóns obtidos tanto en Galicia como en diversos lugares de España. Tamén é recoñecido o seu labor na creación e realización de espectáculos, que sempre acollen unha grande afluencia de público. 

 Organizado pola Agrupación Musical do Rosal, o concerto contará cun repertorio integrado por obras de diferentes estilos e épocas, sen esquecer a autoras e autores galegos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario