19 de out. de 2023

AMES (A CORUÑA)

ESPAZO COMÚN CELEBRARÁ A 1ª XUNTANZA GALEGA

 O sábado 21 de outubro de 2023, na Casa de Cultura de Bertamiráns (Ames)




Infogauda / Galicia

 Espazo Común, a formación política que lidera Manuel Vázquez Fernández "Pachi", organiza a 1ª Xuntanza Galega. O evento terá lugar o vindeiro sábado día 21 de outubro, na Casa de Cultura de Bertamiráns (Ames).

 O programa previsto comezará ás 10:00 h.,  cunha recepción a cargo de Luisa Feijoo Montero, voceira do grupo municipal Espazo Común de Ames.

 Ás 10:30 h., comezará a 1ª mesa de traballo: Buscando un espazo en Galicia.

 Ás 11:30 h. haberá unha pausa para o café.

 Ás 12:00 h., dará comezo a 2ª mesa de traballo. Movementos veciñais de Espazo Común.

 Ás 13:00 h., acto de peche, coa intervención de Pachi Vázquez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario