9 de out. de 2023

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda a vindeira semana  

O venres día 20 de outubro, en horario de 10:15 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h; e o sábado día 21, en horario de 10:15 a 14:30 h. 


A unidade móbil de doazóns de sangue na súa ubicación habitual cando está na vila de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil de doazóns de sangue visitará á vila de A Guarda, a vindeira semana. Dese xeito, o venres 20 de outubro, en horario de 10:15 a 14:00h e de 16:30 a 21:00h; e o sábado 21, en horario de 10:15 a 14:30h., estará ubicada na rúa Rosalía de Castro (fronte ao Centro Cultural). 

 Grazas ao emprego desas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadáns, o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que cada día se precisan nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar previamente, e se queremos doar despois de xantar, temos que esperar 2 horas. 

 Non debemos esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. 

 Asemade, é conveniente informar ao médico da unidade móbil, se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita para doar no telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario