19 de out. de 2023

A GUARDA

HOMENAXE ÁS VÍCTIMAS DO FRANQUISMO SOTERRADAS EN SESTÁS

 Tivo lugar este xoves, 19 de outubro, na fosa Común de Sestás





Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda

 Como vén sendo habitual desde fai varios anos, o Sindicato de Pensionistas, da Unión Comarcal Vigo-Baixo Miño de Comisións Obreiras, organizou unha homenaxe as víctimas do franquismo cuxos restos mortais xacen na fosa común de Sestás. O concorrido acto tivo lugar na tarde deste xoves día 19 de outubro, e nel participaron representantes e afiliados/as da Unión Comarcal de CC.OO., así como unha nutrida delegación procedente do Principado de Asturias; membros da Asociación para e Recuperación da Memoria Histórica do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás; e persoas de A Guarda e súa contorna.

 Ademais de diferentes intervencións, entre elas a do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, foi efectuada unha ofrenda floral diante do monumento aos seres humanos asasinados nese lugar, por elementos insurrectos. 

 A continuación o Coro "Cantos de Liberdade", dirixido por César Lorenzo Álvarez, interpretou A Internacional.

 Rematado o acto cívico diante da fosa común de Sestás, a homenaxe tivo continuidade no salón de actos do Concello de A Guarda, onde o catedrático emérito de Literatura galega da Universidade de Santiago, ensaísta, poeta e membro da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, ofreceu unha conferencia coloquio, acto que contou novamente coa participación do alcalde de A Guarda, así como da secretaria xeral de CC.OO. de Galicia. 

 Finalmente o Coro "Cantos de Liberdade" - fundado en 2017, por iniciativa dun grupo de mulleres e homes do Sindicato das CCOO de Vigo -, puxo o broche final aos actos de homenaxe interpretando varias pezas do ser amplo repertorio, entre elas, Bella ciao, Os heróis e O pozo, que foron premiadas cos merecidos aprausos do respectable público.

Ningún comentario:

Publicar un comentario