11 de out. de 2023

A GUARDA

O Concello de A Guarda convoca os premios de Educación 2023

 O acto de entrega celebrarase o día 30 de outubro, ás 19:30 horas, no salón de plenos




Infogauda / A Guarda

 Un ano máis o Concello de A Guarda convoca os premios de Educación 2023 - cuxas bases reguladoras xa están expostas na web do Concello de A Guarda -, podendo optar a eles o alumnado dos seis centros educativos da vila: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, IES A Sangriña, Colexio PP. Somascos – Fundación Educere e o Colexio Plurilingüe San Xosé.

 Por ese motivo, o Concello de A Guarda vén de facer público que celebrará un acto de entrega de premios aos estudantes máis laureados no ámbito educativo no curso 2022-2023, tanto por expediente académico como por esforzo persoal. Un evento que nesta edición adiouse dado o recente cambio de goberno municipal. 

 En todo caso, o acto celebrarase o luns día 30 de outubro, ás 19:30h,  no salón de plenos da Casa do Concello de A Guarda. Será un evento público  no que estarán presentes tanto o alcalde, Roberto  José Álvarez Carrero, como o concelleiro de Educación, Aser Estévez Cividanes, así como outros membros do Goberno municipal. 

 O equipo de Goberno locall convida a toda a cidadanía a asistir e poñer en valor o esforzo e o talento da mocidade da nosa vila no ámbito educativo e académico, nunha cerimonia 

 Serán agasallados por parte do Concello de A Guarda un total de 28 estudantes. Dous premios destinaranse ao alumnado de Ciclo Superior; tres premios para o alumnado de Ciclos Medios; cinco premios para o alumnado de 2º Bacharelato; oito premios para os estudantes de 4º ESO, dos cales catro serán do IES A Sangriña, dous do Colexio  PP. Somascos – Fundación Educere, e dous do Colexio Plurilingüe San Xosé; e dez premios para o alumnado de 6º de Primaria dos cinco centros da vila: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, Colexio PP. Somascos – Fundación Educere e Colexio Plurilingüe San Xosé.

Ningún comentario:

Publicar un comentario